Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2011

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Os membros da candidatura do BNG de Carnota asinan un compromiso contra o transfuguismo

As e os 22 membros da candidatura do BNG, no noso local O conxunto das mulleres e os homes que participaron na candidatura do BNG de Carnota nas pasadas Eleccións Municipais rubricaron o 10 de xuño o seu compromiso por escrito de que no caso de que obteñan ou cheguen a obter a acta de edil, esta permanecerá inalterabelmente ao servizo da organización pola que foron electos, o Bloque Nacionalista Galego . Con este xesto o conxunto da candidatura do BNG quere constatar o seu frontal rexeitamento das prácticas de transfuguismo, polas cales calquera persoa que obteña unha acta de concelleiro podería ao día seguinte obrar dunha forma distinta ou mesmo contraria ao programa e posicionamentos da opción política pola que concurriu, contrariando tamén a vontade do cidadán que dera o seu voto á dita opción. Animamos a todas as opcións políticas a emprender o camiño de adoptar as medidas que sexan necesarias para acurralar e erradicar o transfuguismo e o chalaneo, con especial atención n...

Moncho Noceda proclámase novo alcalde de Carnota co apoio da maioría absoluta da corporación

O esperado momento da investidura do novo alcalde Ramón Noceda Caamaño é xa o novo alcalde do Concello de Carnota , tras o impecábel desenvolvemento da sesión plenaria durante a que tomaron hoxe posesión das súas actas os 11 novos edís da corporación municipal 2011-2015. Moncho Noceda no momento de tomar posesión Durante un pleno caracterizado pola importantísima presenza e a normal expectación veciñal, dado que se chegou ao mesmo momento da investidura sen ningún acordo entre as forzas, finalmente os 2 concelleiros electos polo PSOE de Carnota deron o seu apoio á candidatura presentada polo BNG, que alcanzou asi os 6 edís necesarios para a proclamación do alcalde. Moncho Noceda, durante o seu primeiro discurso como novo alcalde de Carnota, agradeceu a toda a sociedade o importante apoio recibido e animou á veciños a sumarse a traballar polo futuro dun concello que non atravesa polo seu mellor momento. Asi mesmo, e tras agradecer aos membros do PSOE a súa postura, extendeu o...

Asiste á investidura do novo alcalde de Carnota

Casa do Concello de Carnota. Fonte: Galipedia . Mañá sábado, 11 de xuño, ás 12:00 horas da mañá no Salón de Actos do Concello de Carnota, vai ter lugar o Pleno Constituínte da nova Corporación Municipal 2011-2015 do Concello de Carnota, sesión durante a que os candidatos electos polas distintas forzas nas pasadas Eleccións Municipais do 22 de maio tomarán posesión das súas actas de concelleiros e concelleiras, e investirán ao novo alcalde de Carnota. A sesión é aberta ao público, polo que convidamos a todo o pobo de Carnota a que esté presente nun evento tan decisivo para o futuro do noso concello.

O alcalde de Carnota en funcións exprime ata o último minuto a maioría absoluta dilapidando recursos públicos

Oreiro revela o concepto de austeridade do PP O aínda alcalde de Carnota, José Oreiro, non parece disposto a abandonar a utilización partidista do erario público incluso despois de perder a maioría absoluta, tras sufrir o pasado día 22 unha severa perda de máis de 200 votos e dous concelleiros. Nin sequera o feito de non alcanzarse aínda un acordo entre o BNG e o PSOE para conformar un cambio de goberno serve de excusa ao señor José Oreiro para demostrar un atisbo de prudencia á hora de contratar obras, cancelar servizos e incluso emprender contratacións masivas de personal que vai ter que asumir o novo goberno que saia da sesión de investidura deste mesmo sábado. A Escola de Música deixa de sonar anticipadamente «como castigo electoral» A primeira cuestión que subscitou numerosas queixas dos usuarios foi o remate anticipado da Escola Municipal de Música, que os pais e nais dos alumnos interpretan como un castigo polos malos resultados obtidos polo Partido Popular nas urnas o pas...

Resposta do BNG ao comunicado do PSOE

O BNG de Carnota resposta ao comunicado publicado polo PSOE o 6 de xuño Resultados globais do 22M no Concello de Carnota Durante a campaña tanto BNG como PSOE comprometéronse co pobo de Carnota a impulsar un cambio de goberno sen contrapartidas, no que a forza menos votada favorecería á máis votada entre elas na investidura, e a partir dese momento acadaríase un pacto estable ou acordos puntuais. Mais unha vez que se coñeceron os resultados o PSOE incumpriu deliberadamente ese compromiso cando o seu candidato amosouse disposto a acordos con PP ou BNG indistintamente , sempre que pasaran por entregarlle a alcaldía. Ata o 28 de maio o BNG non participou en ningún contacto para conformar o cambio de goberno municipal que Carnota votou nas urnas. Ese día, a militancia acadou un acordo unánime en Asemblea Local que trasladamos ao PSOE e á sociedade, consistente en pedirlles que cumpriran o compromiso de apoiar na investidura a forza máis votada entre elas, neste caso o BNG. A día d...

Acordo da Asemblea local do BNG de Carnota de 28/05/11

Dando cumprimento ao acordado polo conxunto da Asemblea Local do BNG de Carnota o pasado sábado 28 de maio, difundimos para o coñecemento de toda a veciñanza o documento que recolle a postura do BNG de Carnota a respecto do actual panorama político post-electoral no noso concello, despois de telo posto en coñecemento dos responsábeis do PSOE no día de onte. ACORDO DA ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE CARNOTA Reunido o conxunto da militancia do BNG de Carnota en Asemblea Local, organismo convocado en tempo e forma e plenamente lexitimado para adoptar o seguinte acordo, pola unanimidade dos asistentes acordamos: Nas Eleccións Municipais do 22 de maio de 2011 o pobo de Carnota decantouse clara e maioritariamente por un cambio de goberno no Concello de Carnota. Os candidatos á alcaldía do BNG e do PSOE manifestaron en público e en privado o compromiso de, no caso de non se producir unha maioría absoluta, outorgar o seu voto na sesión de investidura aos candidatos da lista que, entre elas, obti...

Eleccións Municipais no Concello de Carnota - Resultados por localidade

 BNG 2007     BNG 2011      PSOE 2007    PSOE 2011     PP 2007    PP 2011    CALDEBARCOS SAN MAMEDE CARNOTA LIRA LARIÑO O PINDO TOTAL 2007 2011 2007 2011 2007 2011 2007 2011 2007 2011 2007 2011 2007 2011 BNG 143 115 109 182 150 173 297 273 27 169 137 131 863 1043 PSOE 93 101 115 77 124 161 155 135 223 64 101 99 811 637 PP 148 137 379 337 498 373 221 218 118 121 225 197 1589 1383 Caldebarcos   Carnota  Lariño  Lira  O Pindo San Mamede

Carnota quere unha alternativa

O PP perde a maioría absoluta tras ceder dous concelleiros, mentras o BNG medra e sitúase a 343 votos da maioría O Bloque Nacionalista Galego rachou en Carnota coa tendencia alcista da dereita alcanzando un importante medre que o levou onte do 26 ao 33,5% dos sufraxios, obtendo un concelleiro máis que hai catro anos. O PP sufriu un severo retroceso de 203 votos, o que significa a perda de dous concelleiros con respecto ao escrutinio que lles outorgara a maioría absoluta no 2007. Outro duro pau foi para o PSOE, coa perda de case 200 apoios e un concelleiro. Polo lado máis positivo, a cita coas urnas rexistrou unha das participacións máis altas nos últimos anos, pois case 3 de cada 4 votantes quixeron exercer o seu dereito a voto. Ramón Noceda diríxese aos veciños durante o mitin de peche de campaña en Lira O BNG foi a primeira forza en Lira e Lariño, ficando moi poucos votos por debaixo do PP en Caldebarcos. Asi as cousas, o reparto do sistema d'Hondt arroxa unhas cifras de 5 ...

Intensa fin de semana con cheo tras cheo no Pindo, Carnota e Caldebarcos

O Bloque Nacionalista Galego desenvolviu esta fin de semana unha intensa axenda de actos públicos no noso concello para explicar o programa do futuro goberno que lle vai devolver o concello aos veciños. Máis dun cento de veciños do Pindo arrouparon ao Roxo e denunciaron o abandono municipal O primeiro acto da fin de semana foi o mitin do BNG de Carnota no colexio do Pindo, na tardiña do venres. Foi Consuelo Lamela , nº 18 da candidatura nacionalista, a encargada de abrir o acto. As palabras sinxelas mais convencidas de Consuelo arrancaron un dos aplausos máis fervorosos do máis dun cento de veciños que quixeron estar na escola. Betty Riveiro , moza do Pindo que asiste no décimo posto da lista do BNG de Carnota, tomou o relevo para, dirixíndose especialmente á mocidade, esixir de todas as institucións máis oportuinidades para mozas e mozos, para que como é o seu propio caso, deixen de ter que buscarse a vida fóra de Carnota. Merche Díaz , nº 2 da lista e actual portavoz municip...

O BNG suspende hoxe todos os actos electorais en solidariedade cos falecidos e damnificados polo terremoto de Lorca

O Bloque Nacionalista Galego suspende por hoxe a súa campaña eleitoral para mostrar o seu pesar pola traxedia de Lorca. Por tanto non vai ter lugar o encontro previsto para este tarde entre o BNG e mariñeiros e mariscadores de Lira e O Pindo. O BNG querse dirixir especialmente ás familias e aos achegados das vítimas producidas polo terremoto para facerlles chegar a súa solidariedade. A formación nacionalista enviou un telegrama ao alcalde de Lorca para o facer partícipe da dor que no pobo galego ten producido este terríbel acontecimento.

Os portavoces nacional e de pesca do BNG reúnense mañá co sector mariñeiro do noso concello

Bieito Lobeira e Guillerme Vázquez Os referentes máis destacados do Bloque Nacionalista Galego non son alleos ás inquedanzas da sociedade carnotá, nin moito menos as dun colectivo tan fundamental da economía nacional e local como son as do colectivo mariñeiro e mariscador, e moi en especial os proxectos de turismo mariñeiro Pindo Mariño e Mar de Lira e sobre todo a Reserva Mariña de Lira que hai poucas semanas estivo ao borde da desaparición por culpa da falta de apoio institucional. Por iso Guillerme Vázquez , portavoz nacional do BNG, e Bieito Lobeira , portavoz de pesca ( quen elevara ao Parlamento a preocupación veciñal polo abandono da Reserva ), vanse achegar mañá, xoves 11 de maio a partir das 17:00 da tarde , ao noso concello para interesarse polas problemáticas e os proxectos dos mariñeiros e mariscadores de Lira e O Pindo. A visita comezará cunha recepción na Confraría do Pindo, desde onde partirán cara á Confraría de Lira para manter o encontro co sector, no que ta...

Coa forza da mocidade hai futuro en Carnota!

Galiza Nova da Costa da Morte vén de presentar en sociedade un impactante traballo audiovisual encamiñado a arengar á mocidade a implicarse nos problemas que lle afectan, comezando co seu apoio ás candidaturas do BNG o vindeiro 22 de maio pero extendendo este compromiso cun futuro mellor no día a día. Da gusto ver que en toda a comarca hai xente nova que decide dar a cara para axudar a cambiar o mundo no que viven, combatindo todas as calamidades destes tempos como paro, emigración, falta de oportunidades e de alternativas de lecer... que en Carnota alcanzan extremos insospeitados pola ausencia de políticas propias, o dispendio de recursos e tamén o clientelismo e partidismo en todas as contratacións. No video tivemos representación da mocidade carnotá a través de Nuria Pampín, Chema Riveiro, Iván Franco e Mario Maceiras, que nun ton constructivo chaman á xente nova a participar no deseño dun futuro mellor, con máis autoorganización, máis emprego e máis oportunidades para todos ind...

Gran participación veciñal en Lariño no primeiro mitin de campaña

O local dos veciños de Lariño acolleu onte o primeiro acto do BNG de Carnota para darlle a coñecer á sociedade as propostas e as ideas do BNG para devolverlle o concello aos veciños o 22 de maio. Rafa Sestaio , mozo de Lariño que participa na sétima praza da candidatura do BNG, foi o encargado de abrir o acto ante máis dun cento de veciños, e animou a todo o pobo a sumar a súa forza e ilusión á do BNG para poder comezar a revertir dunha vez por todas o abandono no que se atopa Lariño e todo o concello de Carnota. Logo foi Ramón Noceda , candidato á alcaldía de Carnota, quen tomou a palabra para explicar as ideas forza dun programa cos pes na terra que fuxe de personalismos e proxectos faraónicos para centrarse na xente e dalle a voz aos veciños, pois é a sociedade quen coñece cales deben ser as políticas a aplicar. Dito e feito. A veciñanza integrouse no acto como nunca, debatindo os maiores defectos da acción municipal estes catro anos, sobresaíndo o abandono de ríos, praias e...

Coñece o noso programa de futuro para Carnota!

Hoxe o BNG de Carnota presenta na rede o seu programa de futuro que, coa axuda de todas e todos os veciños, vai servir a partir do 22 de maio para restituir a transparencia e a democracia no noso concello, implicar a toda sociedade no desenvolvemento municipal e, sobre todo, encamiñar o Concello de Carnota hacia un futuro máis coidado, máis ilusionante e con máis oportunidades para toda a veciñanza, que debe volver a sentirse parte orgullosa do sitio onde vive. Preme aquí para ver todos os contidos. Portada do Programa de Goberno do BNG

Como exercer o teu voto se o 22 de maio estarás temporalmente fóra do estado español

Continuando coa campaña informativa para facilitar a participación dos veciños que non poderán achegarse a votar en Carnota o vindeiro 22 de maio, o BNG informa agora de como deberán facer os cidadáns que, estando censados en Carnota, se atopen desprazados temporalmente fóra do estado español. Requisitos previos Deberás estar censado en Carnota. Se aínda tendo a nacionalidade resides permanentemente fóra do estado español, non terás dereito ao voto nas eleccións municipais. Ata o 22 de abril Preséntate en calquera oficina consular co Documento de Identidade, e solicita o voto por correo. Nese momento terás que indicar o enderezo ao que che enviarán toda a documentación, polo que debes comprobar detidamente que conteña todos os datos necesarios para que a recibas sen dificultades. Ata o 29 de abril Unha vez cumpridos todos os requisitos e feito este trámite, recibirás no domicilio que facilitastes a seguinte documentación: Papeletas do BNG e doutras forzas políticas que concur...

Exerce o teu voto por correo se non vas estar en Carnota o 22 de maio

O BNG de Carnota informa a toda a veciñanza que se por calquera motivo non vai poder achegarse á súa mesa de votación o 22 de maio, xa pode solicitar a documentación para votar por correo. A continuación explicamos como facelo e evitar os disgustos de última hora. Do 29 de marzo ata o 12 de maio Persóate en calquera oficina de Correos e pide a solicitude para poder votar. Despois de cubrilo e asinalo, acude novamente a entregalo. Nese momento, o funcionario de Correos acreditará a túa identidade mediante o teu DI, pasaporte ou carné de conducir. En todo caso deben tratarse de documentos orixinais con fotografía, mesmo se están caducados: non admiten resgardos de renovación nin fotocopias. Nese momento indicarás o domicilio onde queres recibir a documentación necesaria para votar, non podendo atoparse fóra do estado español. Do 2 de maio ata o 15 de maio Recibirás no domicilio que indicastes na solicitude toda a documentación necesaria para votar por correo: Papeletas do BNG e do...

O BNG de Carnota estrea a versión móbil da súa páxina

O BNG de Carnota renova a súa aposta polas novas tecnoloxías e anuncia a presentación dunha versión da súa páxina web m.bng-carnota.org especialmente adaptada para os dispositivos móbiles. Nos máis de 6 anos de esforzo por achegar as posturas do BNG de Carnota á sociedade pola rede, viñemos constatando un exponencial incremento dos accesos desde móbiles Symbian (277), iPhone (137), Android (58),  BlackBerry (6) ou mesmo iPod , que nin sequera é un móbil propiamente dito. Co gallo de facilitar o acceso desde dispositivos que en moitos casos non consiguen reproducir axeitadamente algúns os contidos, xa sexa polas súas limitacións técnicas ou pola escasa velocidade de acceso a Internet dispoñíbel en Carnota, desenvolvemos esta nova versión móbil que alixeira e simplifica extremadamente a carga e a visualización de todos os contidos, e por suposto sen cercenar as opcións máis aprezadas polos nosos usuarios, como poden ser as imaxes ou a posibilidade de comentar libremente o...

O BNG traslada ao Parlamento a preocupación de veciños e sectores polo futuro da Reserva Mariña de Lira

Os deputados nacionalistas Bieito Lobeira e Carlos Aymerich rexistraron esta semana no Parlamento Galego un documento en defensa da Reserva Mariña dos Miñarzos (Lira), que xa puxemos en coñecemento da Confraría de Pescadores, no cal se pregunta polos recentes acontecementos que fan sospeitar que o futuro da Reserva non está entre as preocupacións dos gobernos da Xunta de Galicia nin tampouco do concello de Carnota, ambos en mans do PP a día de hoxe. Despois de que durante semanas vivísemos unha grave ameaza á viabilidade da Reserva de Lira por mor da supresión da súa vixilancia, grazas á presión veciñal e política conseguiuse que ese servizo siga de momento, aínda que moi mermado con respecto á súa situación anterior pola importante redución do investimento. O BNG pregunta se isto ten que ver cunha eventual retirada do apoio á Reserva por parte da Consellería do Mar, e se iso á súa vez tería algo que ver coa suposta pretensión do alcalde de Carnota de importar ás nosas augas as in...

O BNG transformará Carnota desde a sociedade e para a sociedade

Máis dun cento de veciños arrouparon en Caldebarcos o equipo que vai transformar Carnota Desbordáronse todas as previsións de asistencia á cea-presentación da candidatura do BNG de Carnota : máis dun cento de veciños achegáronse a Caldebarcos para arroupar masivamente a posta de longo de Moncho Noceda e do equipo do BNG de Carnota. Foi durante un acto que culminou en festa rachada e que foi presentado pola responsábel local, Belén Campos , no que tamén estiveron acompañados polo deputado Bieito Lobeira . Nun ambiente cordial, alegre e sobre todo fraternal, os veciños e as veciñas coñeceron a candidatura do BNG e tamén a idea estrela: transformar Carnota desde a sociedade e para a sociedade . Como explicou Ramón Noceda, lonxe de propostas irrealizábeis, o BNG é consciente da absoluta ruina económica e social do executivo municipal en mans do PP, e sinalou que só co apoio da sociedade e para a sociedade Carnota pode aspirar a ter un futuro digno, e onde os seus fillos e fillas no...

Hoxe remata a vixilancia na Reserva de Lira... asina para que non morra!

Hoxe remata o contrato da vixilancia ao coidado da Reserva Mariña dos Miñarzos en Lira, e tal como vimos denunciando desde varias entidades non hai visos de que a Xunta estude sequera a posibilidade de manter a vixilancia. Máis ao contrario, a Xunta pronunciouse hoxe para dicir que o control sobre a reserva está garantido co servizo de gardacostas, afirmación que só fixo alporizar máis aos afectados, por resultar claramente insuficiente. Hoxe mesmo, Xosé Antonio Insua, patrón maior da Confraría de Lira, pronunciouse nos medios de comunicación para lamentar esta decisión e para advertir que de non manterse o servizo tal e como está plantexado ás portas dunha das mellores mareas do ano (a coca de maio ), a inxente produción marisqueira será completamente arrasada polo furtivismo. O BNG de Carnota segue a apoiar a reclamación das confrarías diante da Xunta de Galiza e da conselleira do mar Rosa Quintana para que non se liquiden as reservas mariñas. Anunciamos ademais que nos uniremos ...