O grupo municipal do BNG propuxo por escrito ao pleno da corporación municipal que se vai celebrar o día 5 deste mes ás 20:00 horas a inclusión no Plan adicional do POS 2020 do proxecto que o BNG tiña previsto para o Rueiro interior do Pindo con un orzamento de 184.051,13 €, proxecto xa redactado e que foi encargado polo anterior goberno do BNG. O proxecto do Rueiro Interior do Pindo é de máxima necesidade, así o ven demandando a veciñanza do Pindo , e completaría o saneamento integral do Pindo. Achegamos o documento da proposición presentada este martes día 3 no Concello: