Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta mitin

Resumo do acto de presentación de Milucho Louro como candidato do BNG á alcaldía de Carnota

Para que a nosa veciñanza que está fóra tamén poida coñecer o noso novo proxecto para Carnota, colgamos un video-resumo duns 13 minutos do acto de presentación do noso novo candidato á alcaldía do Concello de Carnota. Podedes ver as intervencións nesta orde: 0:00: Moncho Noceda , alcalde de Carnota 3:53: Ana Pontón , portavoz nacional do BNG 7:08: Milucho Louro , novo candidato do BNG á alcaldía de Carnota Axiña colgaremos as intervencións completas.

A veciñanza arroupa a Milucho Louro no inicio da súa andaina cara a alcaldía de Carnota

O salón de actos do Concello ateigouse esta fin de semana para acoller a posta en escea da nova aposta do BNG de Carnota para renovar a confianza da veciñanza e asi aspirar a revalidar a alcaldía: Emilio Louro Lamela, Milucho, un vello coñecido de todo o pobo de Carnota pola súa intensa vida profesional e social, dedicada ao mar e ao tecido veciñal. O acto iniciouse coa intervención do alcalde de Carnota, Ramón Noceda , na antesala dunha xubilación que porá o broche a unha exitosa carreira política na que acadou a alcaldía de Carnota ata en catro ocasións, de feito todas as veces que se presentou. A veciñanza agradeciu a súa traxectoria cun extensisimo aplauso que emocionou profundamente a Moncho e tamén ao seu equipo. O aínda alcalde de Carnota pasou a repasar o enorme esforzo para recuperar un Concello que recolleron en 2011 completamente arruinado, coas contas intervidas e con risco grave de interrupción dos servizos básicos, penosa realidade que en só 8 anos traduciu nun escen...

Presentamos ao noso candidato Milucho Louro

Comprácenos convidarte a acompañarnos na presentación de Emilio Louro como candidato do BNG á alcaldía de Carnota. Será o vindeiro sábado 26 de xaneiro ás 20:00 horas no Salón de Actos do Concello.  Tamén participarán no acto Moncho Noceda e a nosa portavoz nacional Ana Pontón.  Ao remate ofreceremos uns pinchos no Comba. Agardamos contar contigo!

Axenda de mitins

Mitin do BNG en Quilmas Venres 15 de maio ás 20:00h na praza do lugar Mitin do BNG en Lariño Sábado 16 de maio ás 20:00h no Centro Social José de Torea Mitin do BNG no Pindo Domingo 17 de maio ás 18:00h no Colexio Público do Pindo Mitin do BNG en Mallou Luns 18 de maio ás 20:00h no Centro Social Mitin do BNG en Cornido Martes 19 de maio ás 20:00h diante do taller de Nacho Porto Mitin do BNG en Canedo Mércores 20 de maio ás 19:00h diante do Parque Infantil Mitin do BNG en Louredo Mércores 20 de maio ás 20:00h no Cruceiro Mitin do BNG en Pedrafigueira Xoves 21 de maio en horario por confirmar no medio do lugar Mitin de peche de campaña BNG en Lira Venres 22 de maio ás 20:00h na Casa do Mar

Carnota acolle mañá un acto nacional do BNG

O BNG quixo que a Costa da Morte estivera no seu calendario de actos nacionais, polo que se achegará ao Concello de Carnota mañá martes 12 de maio ás 19:30h no Salón de Actos da Casa do Concello . O acto estará presentado pola nº 3 da candidatura do BNG de Carnota Belén Campos , e contará coas intervencións de Begoña Pérez  (que cos seus 19 aniños é a candidata máis moza da historia de Carnota), Cecilia Caamaño (nº 9 da candidatura), Iván Franco (nº 2 da candidatura), Xabier Vence (portavoz nacional do BNG) e finalmente Moncho Noceda , o noso candidato á alcaldía de Carnota. O acto estaba convocado xusto cando a campaña acaba de dar un tombo ao coñecerse a imposición de cadansúa fianza de 10 mil euros aos dous candidatos do PP en Carnota José Oreiro e Marisol Piñeiro (concelleiros os dous e deputada autonómica do PP esta última), no proceso que o TSXG ten aberto contra eles por supostos delitos de prevaricación cando gobernaban Carnota, e sen que polo momento teñamos const...

Intensa fin de semana con cheo tras cheo no Pindo, Carnota e Caldebarcos

O Bloque Nacionalista Galego desenvolviu esta fin de semana unha intensa axenda de actos públicos no noso concello para explicar o programa do futuro goberno que lle vai devolver o concello aos veciños. Máis dun cento de veciños do Pindo arrouparon ao Roxo e denunciaron o abandono municipal O primeiro acto da fin de semana foi o mitin do BNG de Carnota no colexio do Pindo, na tardiña do venres. Foi Consuelo Lamela , nº 18 da candidatura nacionalista, a encargada de abrir o acto. As palabras sinxelas mais convencidas de Consuelo arrancaron un dos aplausos máis fervorosos do máis dun cento de veciños que quixeron estar na escola. Betty Riveiro , moza do Pindo que asiste no décimo posto da lista do BNG de Carnota, tomou o relevo para, dirixíndose especialmente á mocidade, esixir de todas as institucións máis oportuinidades para mozas e mozos, para que como é o seu propio caso, deixen de ter que buscarse a vida fóra de Carnota. Merche Díaz , nº 2 da lista e actual portavoz municip...

Gran participación veciñal en Lariño no primeiro mitin de campaña

O local dos veciños de Lariño acolleu onte o primeiro acto do BNG de Carnota para darlle a coñecer á sociedade as propostas e as ideas do BNG para devolverlle o concello aos veciños o 22 de maio. Rafa Sestaio , mozo de Lariño que participa na sétima praza da candidatura do BNG, foi o encargado de abrir o acto ante máis dun cento de veciños, e animou a todo o pobo a sumar a súa forza e ilusión á do BNG para poder comezar a revertir dunha vez por todas o abandono no que se atopa Lariño e todo o concello de Carnota. Logo foi Ramón Noceda , candidato á alcaldía de Carnota, quen tomou a palabra para explicar as ideas forza dun programa cos pes na terra que fuxe de personalismos e proxectos faraónicos para centrarse na xente e dalle a voz aos veciños, pois é a sociedade quen coñece cales deben ser as políticas a aplicar. Dito e feito. A veciñanza integrouse no acto como nunca, debatindo os maiores defectos da acción municipal estes catro anos, sobresaíndo o abandono de ríos, praias e...

Acto de precampaña do BNG en Carnota

O Bloque Nacionalista Galego ten o pracer de te convidar ao acto de precampaña que terá lugar no Salón de Actos do Concello de Carnota este xoves 21 de febreiro ás 20:30 horas. No acto, que será presentado polo noso portavoz municipal Tomás Freire , participarán a portavoz municipal en Fisterra e candidata do BNG pola provincia da Coruña Mónica Góñez , e a conselleira de cultura da Xunta de Galiza Ánxela Bugallo . Agardamos poder contar coa túa participación e ver difundida a convocatoria entre os teus achegados. contigo, Galiza decide !

En Carnota, xeración de emprego, servizos sociais, infraestructuras

O pasado xoves 17 tivo lugar o mitin do BNG na Casa do Concello de Carnota, que xa supón o terceiro no que vai de campaña. O acto foi presentado polo compañeiro Xosé Taxes (Pepe de Xan), ex-concelleiro do BNG de Carnota e hoxe en día Xuíz de Paz do noso concello respaldado pola unanimidade da corporación municipal. A primeira intervención chegou de man de Euloxio Franco, número 3 da candidatura e unha das caras novas dos postos de saída das listas do BNG tras a espectacular renovación efectuada pola formación nacionalista carnotana de cara a esta convocatoria eleitoral e ao que de seguro será o equipo de goberno de Carnota durante os vindeiros catro anos. Euloxio, valdeorrés de nacemento, casou cunha veciña do noso concello hai vinte anos e desde hai dous fixou a súa residencia definitiva na parroquia de Carnota, logo de anos na emigración coa súa familia. Camioneiro de profesión e aficionado á escultura con materiais reciclábeis, destacou desde a súa chegada pola súa total introdución...

O saneamento de Lariño marcou o mitin na localidade

O pasado martes tivo lugar o mitin do BNG na parroquia de Lariño. Foi no novo Centro Cultural da localidade nun acto presentado pola candidata nº 5 Consuelo Lamela. De seguido intervén o mozo veciño de Lariño e nº 7 da candidatura do BNG Guillerme Lago, cun discurso plagado de referencias á difícil situación dos mozos do noso concello con dificultades para atopar traballo e que mesmo se ven obrigados a saír a buscalo fóra, situación que grazas ao compromiso e esforzo do BNG está comezando a mudar por fin. Os datos, de feito, son esperanzadores: se ben durante os catro anos no goberno de Oreiro (PP) se produciu o maior fenómeno migratorio masivo dos tempos recentes, e as cotas de paro se elevaban ata o 13%, hoxe estamos a percibir unha inversión desta tendencia e logo de oito anos de goberno nacionalista a mocidade está a comezar a vislumbar as condicións óptimas para o seu retorno, e cun paro situado agora no 8% segundo o Instituto Galego de Estadística, o que supón un dos maiores desc...

Primeiro mítin de campaña no Pindo

Cunha multitudinaria asistencia de veciños desenvolviuse o acto electoral que abre a axenda de mitins do BNG de Carnota coa vista posta nas Eleicións Municipais que terán lugar o videiro día 27 de maio. O cartel de ponentes estivo conformado pola veciña do Pindo e candidata nº 5 Consuelo Lamela, a actual concelleira e nº 2 Merche Díaz, o conselleiro de Industria da Xunta de Galiza Fernando Blanco e o candidato do BNG á alcaldía de Carnota, Tomás Freire. O acto foi aberto pola intervención de Consuelo Lamela, veciña do Pindo e de profesión ama de casa, no que foi a súa primeira intervención nun acto político, que aproveitou para manifestar o agradecemento porque o BNG contara con ela para a elaboración das súas listas, e para louvar o traballo anónimo que ven facendo o BNG durante os catro anos no estudo das problemáticas do noso concello e na procura de solucións, traballo que nin o PSOE nin o PP desempregan, aparecendo tan só a dar a cara durante a campaña, e que nin sequera souberon ...

Mitin do BNG no Pindo

O primeiro mitin da campaña do BNG terá lugar na escola do Pindo ás 20:00 horas de mañá domingo 13 de maio. Falarán: · Consuelo Lamela (Nº 5 da candidatura do BNG) · Merche Díaz (Nº 2 da candidatura do BNG ás municipais) · Fernando Blanco (Conselleiro de Industria da Xunta de Galiza) · Tomé Freire (Candidato do BNG á alcaldía de Carnota Para que Carnota siga avanzando, vota BNG!

Axenda electoral do BNG na Costa da Morte

Sábado 4 de xuño Encontro co sector dos mariscadores ás 12h na aula de cultura da Casa do Mar en Fisterra. Falarán: Bieito Lobeira Domínguez , candidato nº 2 por Pontevedra, e ex-deputado encargado de asuntos do mar. Mercedes Díaz Mayán , candidata nº 14, pola Costa da Morte, e secretaria da confraría do Pindo. Mitin ás 21h na Casa do Mar en Lira (Carnota). Presenta: Mario Maceiras, Responsable local de Galiza Nova Falarán: Xosé Manuel García Martínez , Alcalde de Carnota. Mercedes Díaz Mayán , candidata nº 14, pola Costa da Morte. Ánxela Bugallo Rodríguez , candidata nº 2. Domingo 5 de xuño Mitin ás 18h no CEIP de Vilarmide (Muxía). Presenta: Luisa Gerpe García , Responsable local de comunicación. Falarán: Manuel Antelo Pazos , candidato nº 11, pola Costa da Morte. Carlos Aymerich Cano , candidato nº 3 Mitin ás 20.30h na Casa de Pedra (Camariñas). Presenta: Luis M. Suárez Pérez , Responsable local de Camariñas. Falarán: Manuel Antelo Pazos , candidato nº 11, pola Costa da Morte. Carlo...