Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2006

Rubén Cela e Tareixa Novo visitan o campamento de verán Carnota I

O Director Xeral de Xuventude da Xunta de Galiza Rubén Cela e a Delegada da Vicepresidencia na provincia da Coruña Tereixa Novo visitaron o pasado venres o noso concello para estar coas mozas e mozos da primeira tanda do Campamento de verán organizado aquí pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Esta visita encadrouse nun contexto bastante inusual pois grande parte do dito campamento do verán contemplaba o adecentamento do Castro de Mallou, que como todos sabedes resultou arrasado polo grande incendio que rexistraron os montes da dita localidade durante a última quincena de xullo. Os citados membros da área de Vicepresidencia, acompañados polos membros do goberno local Merche Díaz, Pepe Domínguez e Manuel Noceda, aproveitaron a visita para xantar cos mozos no Colexio de Carnota onde están aloxados, a piques chegar mañá un novo grupo de mozos para darlles o relevo e continuar cos traballos, e coñecer as sensacións que causou esta experiencia de convivencia e solidaridade ...

Un 25-x memorábel, adiante co BNG!

O pasado martes día 25 de xullo, Día da Patria Galega, tivo lugar a manifestación nacionalista convocada polo BNG como cada ano. A impresionante concentración de militantes e simpatizantes do BNG partiu ás doce horas da Alameda compostelana e percorreu as rúas da capital de Galiza nun ambiente fraternal e moi reivindicativo, berrándose todo tipo de consignas a prol do recoñecemento de Galiza como nación, a prol da normalización do idioma nacional e como non animando ao Bloque Nacionalista Galego a seguir avanzando en todos os aspectos. Finalmente, a comitiva reuniuse na praza da Quintana na tradicional arenga do BNG, nesta ocasión protagonizada pola deputada nacionalista Ana Pontón e o vicepresidente da Xunta Anxo Quintana. Foi nese momento cando puidemos asimilar o auténtico alcance do espectacular éxito da convocatoria, estimado pola organización en arredor de vinte mil persoas, o que supón unha das manifestacións nacionalistas máis concurridas da historia. Ademáis este ano a xornada...

O concello de Carnota sufre un novo atentado forestal

Un ano máis, Carnota volve a ser punto de atención nacional con motivo dun grave incendio que asolou Mallou, Maceiras e Sofán. Con especial indignación vivimos o descorazoador primeiro incendio do ano no concello de Carnota, que ademáis foi o primeiro grande incendio do ano en Galiza, e que mesmo provocou o nivel de alerta máxima. Poucos dubidan xa da intencionalidade do incendio, ao seren detectados cinco focos de lume ao longo da mesma pista forestal. Veciños do lugar mesmo aseguran ter visto, pouco antes do incendio declarado ás 22:45 horas do pasado domingo día 16, un automóbil circulando pola dita pista. Inmediatamente activouse un espectacular dispositivo que, nalgúns momentos, chegou a ter mobilizados no lugar catro helicópteros, dous hidroavións, nove motobombas, ata dez cuadrillas de extinción e varios axentes forestais. Tan intenso dispositivo non foi suficiente para evitar a calcinación de ao redor de catrocentas hectáreas da área situada entre os montes de Mallou e Lira, da...

A planta de compostaxe de Carnota, a ilusión polo noso medio

O venres, 25 de maio de 2.006, o Pleno da Corporación de Carnota adoptou, por unanimidade, os seguintes acordos: 1º. Acordo de iniciativa económica para a constitución dunha sociedade mixta que se encargue de desenvolver o proxecto de construcción e posterior xestión dunha planta de compostaxe. 2º. RESERVAR unha parcela de aproximadamente 60.000 metros cadrados, paralela á pista a Señorío, na antiga canteira de Vilar de Outeiro, para a citada planta de compostaxe e calquera outra iniciativa de carácter e obxeto medioambiental ou público, que poda decidir a Corporación en pleno. 3º. SOLICITAR á Consellería de Medio Rural que leve a efecto o desconsorcio correspondente destes terreos destinados a fins medioambientais. 4º. FACULTAR ao Alcalde para as xestións oportunas e firmas de cantos documentos sexan necesarios para o desenvolvemento do expediente, dando conta posterior á Corporación.

Posíbel delito ecolóxico de Conservas Carnota S.A.

Ante o alcance dalgunhas acusacións contra o Concello a respecto dos gravísimos verquidos detectados recentemente na depuradora da conserveira de Lamas de Castelo, a Concellaría de Medio Ambiente transmítenos un resumo das medidas tomadas ao respecto polo goberno municipal no transcurso do ano 2006. 6 febreiro: A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Carnota remite un fax a Augas de Galiza denunciando un verquido contaminante continuado e solicitando unha inspección do estado da depuradora da fábrica de Conservas Carnota S.A. (pertencente ao grupo conserveiro catalán DANI). 7 de abril: Ante a ausencia de resposta, o Concello volve a poñerse en contacto con Augas de Galiza para reiterar a necesidade da dita inspección. 11 de abril: Primeira resposta de Augas de Galiza, informando das medidas adoptadas. 6 de xullo: Ante o aviso veciñal de gravísima contaminación na canle de Carrofeito, que provoca a morte masiva de miñoca, poliqueto, camarón, cangrexo e alevíns de distintas es...

A ampliación da piscifactoría de Quilmas xeraría 50 novos empregos

Bieito Lobeira e Carlos Aymerich visitan a planta de rodaballo de Lira Os deputados no Parlamento galego Carlos Aymerich e Bieito Lobeira achegáronse pola tarde ao concello de Carnota para interesarse polos proxectos para a ampliación das plantas de rodaballo que a empresa Prodemar ten sitas en Quilmas e en Lira. Durante a rolda de prensa que tivo lugar ao pé da piscifactoría de Lira, e en presenza dos membros do grupo municipal do BNG, o director das plantas espuxo o proxecto de ampliación. Os nacionalistas amosáronse amplamente receptivos coa iniciativa, e comprometeron a súa mediación para darlle pulo ao proxecto en todos os estamentos onde o BNG teña presenza. Por outra parte, tanto os concelleiros Pepe Domínguez e Merche Díaz como o alcalde de Carnota Manolo García salientaron a importancia das ampliacións para o desenvolvemento de Carnota, e en especial no aspecto de que só no caso de Quilmas xeraríanse 50 novos postos de traballo directos para os veciños. O propio deputado Bieit...