Se primeiro foron as árbores da pista de Lira, logo as do colexio de Carnota, Lamas de Castelo ..., agora tocoulle as da praza de Carnota. Noutros concellos plántanas e no noso nin as coidan nin as podan, directamente córtanas. Mentres que cos anteriores gobernos do BNG plantábanse árbores con este goberno cando rematen estes catro anos non queda unha árbore no concello. E que se fai con esa madeira? regalala porque o banco de leña xa non existe. O que non se cortan son as herbas polo medio dos lugares e nos espazos públicos. Todo moi bonito e moi ben recortado (tamén fumigado) onde se ve, e onde non se ve a monte como nos din os veciños. E para que todo quede ben, de paso, o concello dálle unha boa rozada ao solar da igrexa, o que se ve desde a estrada, non importa que sexa unha propiedade privada, nin facelo sen o correspondente expediente, nin reclamar o importe como a calquera veciño cando non limpa o seu. E cal é a súa explicación, que está cheo de lixo, o mesmo argume...