Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta proxectos

O BNG reclama que a prolongación da AG-55 ata Berdoias avance sen novos atrasos

O BNG urxiu á Xunta de Galiza a iniciar os trámites para que a prolongación da AG-55 ata Berdoias se execute ao mesmo tempo que o primeiro tramo entre Santa Eirena e a AC-432. O deputado Oscar Insua reclamou que a Xunta dea comezo aos trámites do proxecto da segunda fase de prolongación da AG-55, entre a AC-432, en Calo, e o cruce de Berdoias. Tamén solicitou que os orzamentos da Xunta para 2027 inclúan unha partida económica para licitar e iniciar estes traballos de maneira simultánea aos da primeira fase. Na Comisión 2ª do Parlamento galego, Insua interpelou á directora da Axencia Galega de Infraestruturas, María Deza Martínez, quen sinalou que a Xunta está a traballar na licitación do proxecto construtivo da segunda fase. O deputado nacionalista lamentou que a prolongación se proxecte como corredor, cun carril por sentido, e non como autovía, que é a reivindicación histórica do BNG. Tamén advertiu de que a comarca non pode agardar até 2029 para comezar a segunda fase, porque iso ...

Camiño do Litoral: propaganda baleira e turismo político

O BNG de Carnota considera que o chamado Camiño do Litoral que veu anunciarse con pompa e boato a Carnota -coa participación entusiasta do alcalde- só é un exercicio de cinismo e turismo político, nunha nova operación propagandística baleira da Xunta. A propia Xunta admitiu que a maior parte do trazado discorre por camiños consolidados, zonas urbanas ou infraestruturas xa existentes. É dicir, non estamos diante dun proxecto novo, senón dun simple rebranding institucional dos camiños das parroquias, os accesos ao mar, as sendas tradicionais e os espazos que a veciñanza e os concellos levamos décadas mantendo, usando e defendendo a custa dos fondos propios. O BNG considera positivo calquera proxecto que axude a coñecer e valorizar o litoral, mais lembra que os seus camiños precisan de investimentos reais en mantemento, limpeza, seguridade, accesibilidade e protección ambiental, non anuncios baleiros lanzados de costas á súa poboación e entidades locais. O noso litoral non é un decorado ...

A Costa da Morte volve quedar esquecida nos orzamentos da Xunta para 2025

O BNG da Costa da Morte denunciou que os orzamentos da Xunta de Galiza para 2025 volven deixar a comarca esquecida e sen resposta ás súas principais necesidades. A organización nacionalista sinala que as contas do Goberno galego non incorporan novos servizos sanitarios no hospital comarcal, non prevén a construción de centros de día ou residencias públicas na Costa da Morte, non dan resposta suficiente aos recortes educativos nin inclúen unha aposta real pola vivenda pública ou polo asentamento de actividade industrial nos polígonos de Cee e Vimianzo. O BNG critica tamén que a Xunta manteña a discriminación da Costa da Morte en materia de mobilidade. A comarca segue agardando polo remate da autovía e pola eliminación das peaxes da AG-55, mentres a Xunta anuncia partidas que, ano tras ano, non se traducen nun avance real das infraestruturas prometidas. Para o BNG, esta situación agrava o despoboamento e a perda de oportunidades. A Costa da Morte precisa investimentos reais, servizos pú...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón

Parabéns á veciñanza da Montaña de Carnota! O seu local social xa é unha realidade

Os veciños da Montaña de Carnota ven cumplido un dos seus desexos, axiña poderán disfrutar do seu novo Centro Social construído no Valadiño. Dita actuación levouse a cabo grazas ao financiamento con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña do ano 2018, aprobado polo anterior goberno do BNG e co apoio unánime de toda a Corporación Municipal, atendendo así as reiteradas demandas veciñais recollidas nas diversas asembleas que tiñan lugar con carácter periódico dando verdadeiro protagonismo ao pobo, mediante unha efectiva participación veciñal. Parabéns a veciñanza da Montaña e agardamos poidan disfrutar dun espazo tan necesario para a dinamización socio-cultural da zona.          

O que a veciñanza debe saber sobre o proxecto de mellora medioambiental do Campo de Fútbol de Lariño

No pleno do xoves 1 de outubro, aprobouse por maioría da Corporación (cos votos en contra do grupo que sustenta o goberno municipal, PSOE) a moción de urxencia presentada polo BNG de Carnota, acordando a execución inmediata do proxecto do ano 2018 de MELLORA AMBIENTAL DO CAMPO DE FÚTBOL DE LARIÑO. O BNG, ante a proposta de proxecto alternativo presentada polo goberno municipal e ante a paralización do proxecto aprobado por unanimidade no ano 2018 polo anterior goberno municipal, quere facer as seguintes aclaracións: 1.- En Agosto do 2019 o Sr. Alcalde, Juan Manuel Saborido, decretou suspender o procedemento de licitación da obra denominada “MELLORA MEDIOAMBIENTAL NO CAMPO DE FÚTBOL DE LARIÑO” cando xa había ofertas presentadas. O Prazo de suspensión non pode exceder de 3 meses sen que medie informe no prazo indicado. De non ser así o procedemento debería proseguir o seu curso e polo tanto continuar coa execución do mesmo. 2.- O Proxecto do ano 2018 ten un orzamento de 263.868,50 €. N...

Carnota porá en valor o Olimpo Celta e as súas «cabaseiras» con cadanseu Centro de Interpretación

Se hai algo que se botou en falta sempre en Carnota foi a ausencia de centros de interpretación para a musealización e posta en valor do seu amplísimo patrimonio histórico, natural e etnográfico. Se ben, no primeiro caso, a posta en marcha neste mandato do Museo Aberto de Carnota supuxo un importante avanzo, seguimos sen contar con espazos físicos onde coñecer a ampla diversidade natural e cultural do Concello. Pois ben, de continuar o BNG no goberno, Carnota non contará con un senón con dous Centros de Interpretación: un centrado nos valores naturais e xeolóxicos do Monte Pindo e outro dedicado ao riquísimo patrimonio etnográfico, centrado nos hórreos que son un dos nosos sinais de identidade. Fermosa panorámica desde o Monte Pindo coa praia de San Pedro do Pindo debaixo ( cc ) O Centro de Intepretación do Monte Pindo fará xustiza á falta de investimentos públicos neste espazo O Monte Pindo, xoia da coroa de Carnota, supón un grandisimo recurso e polo de atracción que, corr...

O Auditorio de Carnota será pronto realidade en San Mamede

Rematando coa quinta das nosas  proposta ⭐ estrela  do noso Programa , unha vez coñecidas as da parroquia de  O Pindo ,  Lariño , Carnota e Lira , o BNG presenta a que ten previsto desenvolver no vindeiro mandato na parroquia de San Mamede . Outra vella demanda da nosa veciñanza e dos seus axentes sociais é a carencia dun recinto municipal que poida acoller eventos culturais, musicais, etc... de certa entidade. Tradicionalmente o Salón de Actos do Concello ten suplido esta carencia en multitude de ocasións, pero o seu aforo é bastante limitado; os novos tempos fan necesario un local cun aforo maior, e por iso o BNG traballa pola creación do Auditorio de Carnota  no Viso, que permitirá a organización de todo tipo de espectáculos e eventos musicais e culturais. A posta en marcha deste recinto poderemos ampliar a programación cultural do noso municipio, incluílo na Rede Cultural provincial e multiplicar as posibilidades que ten Carnota para acoller eventos no...

A muller merece desenvolver a súa vida nun entorno libre de violencia e discriminacións

Acción en Carnota en defensa do dereito a decidir das mulleres sobre o seu corpo Unha das maiores transformacións vividas no Concello de Carnota nos últimos anos foi o aumento significativo da sensibilización sobre as problemáticas específicas que sofren as mulleres, e moi nomeadamente no sentido das discriminacións e das violencias machistas, que motivaron medidas e políticas específicas. O goberno local do BNG de Carnota asumiu con absoluta convicción que un executivo municipal non pode permanecer impasíbel ante esta lacra ou percibila coma algo estrutural ou alleo, agardando tan só a saír a lamentarse ante o seguinte caso mediático de violencia machista; o goberno debe ser totalmente consciente da gravísima problemática que segue a suporlle ás mulleres o machismo aínda inherente en parte da nosa sociedade, e ten que ser proactivo tanto na diagnose coma na prevención e corrección de situacións de posíbel discriminación contra as mulleres. Por iso o goberno de Carnota, a tra...

Lira acollerá un Viveiro de Empresas

A seguinte  proposta ⭐ estrela  do noso  Programa   tras  O Pindo ,  Lariño  e Carnota será en Lira. O Viveiro de Empresas multiplicará as oportunidades para emprender en Carnota (Imaxe: Edita Cambeiro ) Trátase dun proxecto innovador que vimos madurando desde aproximadamente 2016: o  Viveiro de Empresas de Carnota  é unha instalación municipal de carácter público que se radicará en Lira e que permitirá ao Concello ofrecer nunhas condicións moi vantaxosas un espazo a aquela xente emprendedora que teña unha idea para poñer en marcha un negocio no noso Concello, ou queira redimensionar a iniciativa que xa teña creada. Pero o Viveiro non só suporá un local totalmente equipado e conectado, cos principais servizos comúns mancomunados; tamén conlevará o apoio e o asesoramento empresarial e financieiro ás persoas que aposten por Carnota e polo rural galego á hora de emprender. Agardamos que coas grandes facilidades para a posta en marcha d...

Tras Cornido e a Montaña, seguiremos aumentando e mellorando a rede de centros sociais para a veciñanza

O Centro Social de Cornido xa está rematado e á disposición da veciñanza Unha das principais apostas do BNG de Carnota nesta lexislatura para contribuír a participación e a autoorganización veciñal foi a implantación de novos centros sociais ; é dicir, locais veciñais de titularidade municipal que veñen a subsanar a carencia de espazos de reunión e de celebración de eventos en moitos dos núcleos do noso Concello, sobre todo nos máis pequenos e rurais. O BNG seguirá apostando pola ampliación da rede de centros sociais á disposición da nosa veciñanza. Neste mandato xa logramos crear dous, en  Cornido e Outeiro . O primeiro xa está en marcha e á enteira disposición dos seus usuarios, a veciñanza de Cornido, e de feito vimos de empregalos en varios actos do BNG neste fermoso núcleo situado ante os pes do Monte Pindo. O segundo aínda non está dispoñíbel pero o proxecto  xa foi elaborado, financiado e sometido a información pública , por tanto coas obras a piques de iniciars...

Carnota estreará nesta lexislatura o seu cámping

Tras O Pindo e Lariño , chegou o momento de explicar a proposta ⭐ estrela do noso Programa para a parroquia de Carnota. Carnota acollerá un cámping de titularidade municipal que servirá para mellorar o seu conxunto monumental Para Carnota temos previsto un gran proxecto, que se está a xestionar xa polo goberno en coordinación con outros axentes sociais, para a creación dun  cámping semiurbano de titularidade municipal  proxectado preto do conxunto privilexiado integrado polo hórreo de Carnota, o máis famoso de Galiza, igrexario, rectoral e pombal de Carnota. Con esta actuación resolveranse varios problemas: porá en valor un amplo espazo inutilizado, e dotará ao noso municipio finalmente do seu arelado cámping, unha vella demanda histórica que por distintos motivos nunca puido poñerse en marcha. A iniciativa signficará a creación de varios postos de traballo, axudará a desestacionalizar o turismo e parte dos seus beneficios reinvertiranse en actuacións de recuperaci...

A infancia, o mellor tesouro de Carnota, xa é e seguirá sendo a dona do seu futuro

Milucho Louro no I Foro de Debate organizado por esta pioneira entidade xuvenil. Se algo logrou demostrar o executivo municipal de Carnota todos estes anos é que para o BNG a mocidade é algo máis que unha consigna á hora de facer campaña para tentar quedar ben cada catro anos; a nosa convicción é que hai que darlle a voz á infancia , pois é a verdadeira depositaria do futuro do noso Concello e da nosa nación; ao facelo descubrimos ata que punto saben perfectamente o que queren e como conseguilo. Por iso o BNG puxo en marcha no pasado mandato o I Plan Municipal de Infancia e de Adolescencia (2018 – 2021) , que deu como principal froito o nacemento do Consello Municipal da Infancia e da Adolescencia , un organismo que vén a funcionar coma un executivo municipal "paralelo" conformado integramente por nenos e nenas do municipio. O BNG apostará por darlle plena autonomía para debater os seus problemas, tomar as súas decisións e mesmo dispoñer dun pequeno orzamento que poden d...

Lariño verá recuperado por fin o seu faro e o seu entorno

Coñecida a que preparamos para O Pindo , hoxe continuamos coas propostas ⭐ estrela  do noso Programa de Goberno para o noso Concello pola parroquia de Lariño. Moi pronto o aspecto de degradación que presenta o entorno do Faro de Lariño será historia Un dos grandes proxectos do novo goberno, e que de feito xa está a piques de porse en marcha, é a recuperación intergral do entorno do Faro de Lariño , que pronto será recuperado por un proxecto hostaleiro, e tamén están a piques de iniciarse as obras de demolición do antigo campo de fútbol, que dará paso a un amplo espazo aberto para o goce deste espazo natural privilexiado. Incluirá unha zona de lecer cunha zona para as autocaravanas, solucionando dunha tacada dous problemas do municipio: o estacionamento indiscriminado de autocaravanas nos nosos areais e o grave impacto visual das ruínas do campo de fútbol nesta paisaxe privilexiada. Sen dúbida a recuperación deste espazo único, xunto co atractivo que xerará a posta ...

Apostamos pola mellora das praias do noso Concello mediante un plan integral

Praia de Boca do Río, unha das máis fermosas e concorridas do municipio (fonte: Flickr de Irene Serrat ) O BNG de Carnota repasa as súas principais apostas programáticas para seguir explorando as potencialidades do noso Concello. Entre elas, unha das que será obxecto de maior atención no caso de revalidar o equipo de Milucho Louro o goberno municipal, serán as praias , un dos maiores atractivos do noso Concello. O noso municipio conta con case medio cento delas, moitas delas practicamente virxes, e somos conscientes que cun repertorio tan amplo non sempre dispoñen dos servizos que veciñanza e visitantes demandan. Máis e mellores servizos para veciñanza e visitantes Por iso, o BNG activará un Plan integral de mellora de servizos das praias máis concorridas e populares do municipio, nas cinco parroquias. Estes areais de cabeceira acollerán unha serie de atencións, mellorando os seus accesos e pasarelas (no seu caso), ampliando a rede de duchas, e dotando tamén de aseos públicos toda...

A Fervenza do Xallas será visitábel pola beira de Carnota

Iniciamos un repaso das propostas ⭐ estrela do noso Programa de Goberno para cada parroquia e que poden resultar máis ilusionantes e proveitosas para a veciñanza. Comezamos pola do Pindo. Por fin o Coaduiro terá un fácil acceso pola beira de Carnota, creando un novo recurso turístico para O Pindo Un dos proxectos contemplados no noso programa que máis nos ilusiona é a creación dun novo  camiño ata a fervenza do Ézaro pola beira de Carnota . Este magnífico fenómeno natural, único na Europa continental na que un río verte as súas augas no Atlántico en fervenza, nunca foi aproveitado apenas como recurso polo noso Concello pese a compartir a titularidade do espazo con Dumbría. Con esta actuación, que combinará seccións de sendeiro de pe con pasarela de madeira, conseguiremos aproveitar tamén este recurso único que atrae cada ano a moitísimos milleiros de visitantes. Agardamos que con esta actuación respectuosa co medio ambiente se cree un novo recurso turístico que poidan ...

O BNG asume as iniciativas recollidas en case 20 asembleas nas que participaron case 500 persoas

  O BNG de Carnota refresca o seu compromiso coa participación veciñal, que non foi espectadora senón parte activa na confección do seu programa electoral. E é que cando se lle da a voz á xente para que comuniquen as súas necesidades, é cando se ve ata que punto as súas propostas son do máis sensatas e acaídas para mellorar o día a día da nosa veciñanza. Esta aposta por confiar no pobo para resolver os problemas do pobo deu os seus froitos durante os últimos 8 anos de goberno local nacionalista, e desterrou -de momento e, agardamos, para sempre- etapas nas que se gobernaba en base a ocurrencias, a cada cal máis disparatadas, que hipotecaban durante décadas as arcas municipais máis que á hora da verdade non supoñían mellora perceptíbel algunha na calidade de vida da veciñanza. Nesta ocasión, o BNG desenvolveu 14 asembleas veciñais presenciais nos distintos lugares do municipio, ás cales hai que sumar un innovador encontro online coa Carnota emigrada que non pode acompañarnos fi...

O BNG conclúe as Asembleas veciñais que servirán para elaborar o Programa

O domingo terá lugar un último encontro coa Carnota emigrada Desde a exitosa presentación de Milucho Louro en xaneiro , o BNG de Carnota está a toda máquina e leva a desenvolver desde hai pouco máis de 2 meses asembleas veciñais por todas as parroquias e lugares do noso Concello, con obxecto de explicar a acción de goberno desenvolvida durante estes 4 anos, recoller todas as propostas e ideas que formarán parte do noso Programa de Goberno 2019-2022, e por suposto presentar en sociedade ao noso flamante candidato á alcaldía Milucho Louro . Desde a primeira asemblea, celebrada o 2 de febreiro en Lariño, ata a última celebrada onte mesmo en Mallou, tiveron lugar nada menos que 13 reunións, pasando tamén por Lira, Carnota, San Mamede, Caldebarcos e Panchés, A Montaña, Louredo, Canedo, Quilmas e A Curra, Pedrafigueira, Cornido e O Pindo. A isto tamén temos que sumar a participación a través da nova app do BNG , os encontros mantidos con diversos axentes sociais e culturais do municipi...

Emilio Louro, novo candidato do BNG á alcaldía de Carnota

Moncho Noceda pon fin á súa traxectoria na alcaldía cunha aposta pola continuación do proxecto do BNG e pola renovación das ideas Emilio Louro, Milucho, candidato do BNG Carnota A Asemblea Local do BNG de Carnota proclamou esta tarde por unanimidade a Emilio Louro Lamela , máis coñecido entre a nosa veciñanza coma Milucho, como novo candidato do BNG á alcaldía de Carnota. A decisión chegou despois dun proceso de reflexión interna iniciado logo de que Moncho Noceda, actual portavoz e rexedor do noso municipio, comunicara recentemente á Asemblea a súa intención de poñer fin á súa etapa na alcaldía de Carnota, ao atoparse xa preto da súa idade de xubilación. Foi precisamente Moncho o encargado de transmitirlle a Milucho que fora proposto pola asemblea. Finalmente aceptou, segundo explicou, pola necesidade de continuar co proxecto nacionalista que levou a Carnota en só oito anos de ser un concello intervido e ao borde da insolvencia a ser viábel e estar saneado, mantendo e mesmo mello...