Tras O Pindo e Lariño, chegou o momento de explicar a proposta ⭐ estrela do noso Programa para a parroquia de Carnota.
Para Carnota temos previsto un gran proxecto, que se está a xestionar xa polo goberno en coordinación con outros axentes sociais, para a creación dun cámping semiurbano de titularidade municipal proxectado preto do conxunto privilexiado integrado polo hórreo de Carnota, o máis famoso de Galiza, igrexario, rectoral e pombal de Carnota.
Con esta actuación resolveranse varios problemas: porá en valor un amplo espazo inutilizado, e dotará ao noso municipio finalmente do seu arelado cámping, unha vella demanda histórica que por distintos motivos nunca puido poñerse en marcha.
A iniciativa signficará a creación de varios postos de traballo, axudará a desestacionalizar o turismo e parte dos seus beneficios reinvertiranse en actuacións de recuperación e conservación do patrimonio monumental do igrexario, incluíndo o seu magnífico e celebérrimo hórreo que perdeu hai meses parte da súa cuberta.
![]() |
| Carnota acollerá un cámping de titularidade municipal que servirá para mellorar o seu conxunto monumental |
Con esta actuación resolveranse varios problemas: porá en valor un amplo espazo inutilizado, e dotará ao noso municipio finalmente do seu arelado cámping, unha vella demanda histórica que por distintos motivos nunca puido poñerse en marcha.
A iniciativa signficará a creación de varios postos de traballo, axudará a desestacionalizar o turismo e parte dos seus beneficios reinvertiranse en actuacións de recuperación e conservación do patrimonio monumental do igrexario, incluíndo o seu magnífico e celebérrimo hórreo que perdeu hai meses parte da súa cuberta.

Comentarios
Publicar un comentario