Coñecida a que preparamos para O Pindo, hoxe continuamos coas propostas ⭐ estrela do noso Programa de Goberno para o noso Concello pola parroquia de Lariño.
Un dos grandes proxectos do novo goberno, e que de feito xa está a piques de porse en marcha, é a recuperación intergral do entorno do Faro de Lariño, que pronto será recuperado por un proxecto hostaleiro, e tamén están a piques de iniciarse as obras de demolición do antigo campo de fútbol, que dará paso a un amplo espazo aberto para o goce deste espazo natural privilexiado.
Incluirá unha zona de lecer cunha zona para as autocaravanas, solucionando dunha tacada dous problemas do municipio: o estacionamento indiscriminado de autocaravanas nos nosos areais e o grave impacto visual das ruínas do campo de fútbol nesta paisaxe privilexiada.
Sen dúbida a recuperación deste espazo único, xunto co atractivo que xerará a posta en valor do Faro (vella reivindicación veciñal asumida desde hai anos pola plataforma Salvemos o Faro), suporá un antes e un despois para Lariño e para o resto de Carnota.
![]() |
| Moi pronto o aspecto de degradación que presenta o entorno do Faro de Lariño será historia |
Incluirá unha zona de lecer cunha zona para as autocaravanas, solucionando dunha tacada dous problemas do municipio: o estacionamento indiscriminado de autocaravanas nos nosos areais e o grave impacto visual das ruínas do campo de fútbol nesta paisaxe privilexiada.
Sen dúbida a recuperación deste espazo único, xunto co atractivo que xerará a posta en valor do Faro (vella reivindicación veciñal asumida desde hai anos pola plataforma Salvemos o Faro), suporá un antes e un despois para Lariño e para o resto de Carnota.

Comentarios
Publicar un comentario