Saltar ao contido principal

A muller merece desenvolver a súa vida nun entorno libre de violencia e discriminacións

Acción en Carnota en defensa do dereito a decidir das mulleres sobre o seu corpo
Unha das maiores transformacións vividas no Concello de Carnota nos últimos anos foi o aumento significativo da sensibilización sobre as problemáticas específicas que sofren as mulleres, e moi nomeadamente no sentido das discriminacións e das violencias machistas, que motivaron medidas e políticas específicas.

O goberno local do BNG de Carnota asumiu con absoluta convicción que un executivo municipal non pode permanecer impasíbel ante esta lacra ou percibila coma algo estrutural ou alleo, agardando tan só a saír a lamentarse ante o seguinte caso mediático de violencia machista; o goberno debe ser totalmente consciente da gravísima problemática que segue a suporlle ás mulleres o machismo aínda inherente en parte da nosa sociedade, e ten que ser proactivo tanto na diagnose coma na prevención e corrección de situacións de posíbel discriminación contra as mulleres.

Por iso o goberno de Carnota, a través da Concellería de Igualdade e Diversidade liderada por Marupe Armendáriz, lanzou no pasado mandato o IV Plan Municipal de Igualdade entre Mulleres e Homes, con vixencia 2019-2022, dando continuidade ao traballo feito neste campo polos anteriores executivos do BNG de Carnota. Este documento parte dunha diagnose realista da situación e fixa medidas reais e efectivas para a prevención do maltrato e da violencia machista, para a conciliación da vida laboral e familiar, para a plena inserción da muller no entorno laboral, etc.

A este proxecto súmanse iniciativas máis puntuais coma os Marzos feministas, a campaña Carnota en negro, ou os obradoiros de autodefensa para mulleres, que resultaron ser un rotundo éxito de participación.

Agardamos que esta aposta pola igualdade real entre homes e mulleres sirva para contribuír a erradicar dunha vez as violencias e discriminacións que sufren as mulleres polo simple feito de selo.

Contra a violencia machista, nin un paso atrás!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón