Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2015

Un grupo local loita por estar no Festigal: Apoiémolos!

Formación de Coso Carnóbrigo Facemos un alto no noso camiño hacia as urnas para divulgar o proxecto musical de 3 rapaces e unha rapaza do noso Concello que están loitando por un lugar no escenario do Festigal , un dos cenarios clave da axenda musical galega que se celebra o 24 de xullo, vésperas do Día da Patria, no Campus Sur compostelán. Este festival convocou un concurso de novas promesas musicais vía Facebook no que está ben situado Coso Carnóbrigo  ( Coso da fortaleza de pedra ), un grupo de folk-metal, como se autodefinen, composto por Roldán Figueira, e Antón Beiro ás guitarras, Kiko Figueira na batería e Paula Teixeira no micro. Polas súas veas corre sangue carnotá e ademais actúan en galego polo que vos pedimos que compartades no voso perfil de Facebook o seu single de presentación , adianto do disco Sacrificial que están a preparar, pois é a única forma de que o voso apoio sexa compatibilizado pola organización do Festigal. Nós non temos redes clientelares per...

O BNG de Carnota desenvolve 17 actos para rendir contas e recoller as propostas da veciñanza

O compromiso de transparencia e participación asumido polo BNG de Carnota leva a que prácticamente cada núcleo medio do noso municipio teña por celebrada cando menos unha Asemblea Veciñal para rendirlle contas ao pobo da acción de goberno e recoller as demandas concretas de cada entidade poboacional e incorporalas ao programa de goberno 2015-2019 que estamos construíndo coa xente. Neste senso, despois das respectivas Asembleas Veciñais sobre o proxecto de Gas Natural , Lariño, Adraño, San Mamede, Carnota, Mallou , Caldebarcos, Lira, O Pindo e Quilmas , tocaralle o turno na semana próxima a Cornido, Panchés, Canedo, Pedrafigueira e Louredo . Pecharemos a rolda de actos innovadora Asemblea Veciñal da Carnota emigrada vía Youtube. Ademais, este venres terá lugar a Cea-Presentación da candidatura que desenvolveremos en Mallou. Detallamos individualmente cada un deses actos nos que o BNG dará contas ao pobo da xestión do goberno de Carnota nestes 4 anos, e recollerá propostas para o ...

O BNG anuncia que remunicipalizará o servizo de auga no 2016

Asemblea veciñal de Quilmas Noceda tamén anunciou o inicio da tramitación da ampliación do cemiterio do Pindo Carnota, coma moitos outros concellos, ten nestes momentos o seu servizo de auga privatizado, o que supuxo que os beneficios deste servizo non revirten no ben común senón nos balanzos dunha empresa privada, as deficiencias no servizo e a falta de melloras, e tamén a escasa ou nula xeración de emprego no municipio derivada da prestación deste servizo. Mais esta situación pasará á historia no 2016, cando caduca a concesión, sempre e cando sexa o BNG quen nestes momentos quen se atope ao timón do goberno municipal, en que este servizo volverá a ser público.  Asemblea veciñal do Pindo Anunciouno onte o alcalde Ramón Noceda no curso da rolda de Asembleas Veciñais para rendir contas da xestión do goberno municipal e recoller as achegas veciñais ao programa de goberno 2015-2019, que se desenvolveron esta fin de semana en Caldebarcos, Lira, O Pindo e Quilmas. A c...

A páxina do BNG de Carnota cumpre 10 anos

A firme aposta do BNG de Carnota polas novas tecnoloxías para informar á veciñanza cumpre xa unha década. Un 24 de abril de 2005, ás 17:32h, colgamos na nova páxina  www.bng-carnota.org   esta mensaxe : Benvidos ao blog do BNG de Carnota! A través deste espazo dixital pretendemos dar conta das novas máis relevantes sucedidas no noso concello aos viciños e visitantes, e recoller as suxerencias, comentarios, opinións e críticas de todos aqueles que desexen axudarnos a crecer como organización, e a facer de Carnota un mellor lugar para todos e todas. Unha aperta afectuosa Daquela Internet estaba aínda moi lonxe de estar xa non en case todos os petos, senón na inmensa maioría dos fogares. Onde o había, a información alternativa consultábase en  Vieiros  e o máis social que existía eran os foros e as salas de chat. Nese contexto o BNG de Carnota necesitaba unha canle de comunicación coa veciñanza que estaba fóra, do mesmo xeito que A Moa , o noso voceiro local en papel...

Presentamos a candidatura do BNG de Carnota

O BNG de Carnota presenta a súa candidatura que optará a partir do 24 de maio a seguir transformando o noso Concello e tamén a idea que ten a veciñanza do seu goberno. Trátase dun equipo de persoas comprometidas co proxecto iniciado no 2011 para enderezar o rumbo dun concello abocado á intervención, e que hoxe, coa situación algo máis tranquilizadora, aspira a comezar a transformar todo o traballo desenvolvido en proxectos de futuro para Carnota. Foto da candidatura do BNG - Asembleas Abertas de Carnota Candidatura Ramón Noceda Caamaño (Moncho O Roxo). Lariño. Iván Franco Caamaño. Carnota. Belén Campos Díaz. Caldebarcos. Jorge Fiuza Barreiro. Sofán - Lira. Marupe Armendariz Villar. Canedo. Iago Maceiras Dosil. Lira. Lourdes Piñeiro Caamaño. O Pindo.  Fernando Siaba Espasandín (Nando). Louredo. Cecilia Caamaño García. Mallou. Agustín Lamela Caamaño. Lariño. Begoña Pérez Domínguez. Carnota. Suplentes: Marisa Agulleiro Malvarez. San Mamede. Manuel González Costa. Quilm...

Intensa primeira fin de semana de Asembleas Veciñais

Asemblea Veciñal de Mallou, antonte no seu centro social O BNG de Carnota concluiu a súa primeira fin de semana de Asembleas Veciñais, con interesantes encontros mantidos respectivamente coa veciñanza de Lariño, Adraño, San Mamede, Carnota e Mallou, xuntanzas durante as que se distribuiu un voceiro local (A Moa nº 34) monográfico sobre os 4 anos do mandato que está a punto de expirar, informouse detalladamente da xestión municipal e recolléronse as propostas para o que será o noso programa de goberno 2015-2019. A esta debemos sumarlle a Asemblea do xoves dedicada a explicarlle á veciñanza o polémico proxecto de Gas Natural , cuxo prazo para alegar por certo remata mañá. No horizonte xa se albiscan as Asembleas Veciñais de Caldebarcos (xoves 23 ás 19:30h na Escola), Lira (venres 24 ás 20:00h na Domus Atlántica de Portocubelo), e logo do parón o sábado 25 por mor do Encontro Nacional do BNG-Asembleas Abertas, estaremos no Pindo (domingo 26 ás 17h no Colexio Público) e Quilmas (domin...

#5. Saneamento económico: Desempeñar o Concello e adaptalo á realidade

Seguiremos facendo os axustes necesarios para sanear o Concello e deixalo blindado contra a corrupción, o enchufismo, as obras faraónicas e outros excesos que logo teña que pagar a veciñanza. Carnota, camiño do déficit cero Carnota conseguiu reducir á metade a súa débeda nesta lexislatura, redución que se eleva ata o 96% no caso de proveedores, 83% na auga e saneamento, 71% na luz e 53% no lixo. Grazas a isto hoxe Carnota é un concello solvente, que paga aos seus proveedores nun prazo máximo de dous meses. Queremos lograr que o Concello entre na recta final do seu saneamento económico, de xeito que na próxima lexislatura queden eliminadas todas as facturas pendentes e vexamos reducida enormemente a dependencia bancaria, para debernos única e exclusivamente aos intereses da veciñanza. Orzamentos participativos Malia ser unha proposta xa presente no programa anterior, a situación de emerxencia económica e social que descubrimos en Carnota impediunos desenvolvela, salvo unha e...

#4. Emprego: Converter a adversidade en oportunidade

Traballaremos para recuperar a agra mediante a concentración parcelaria. Promoveremos a creación de cooperativas de veciñanza desempregada para aproveitar os recursos locais e incrementar a oferta de bens e servizos. Enchufismo cero Estes catro anos o goberno municipal erradicou por completo o enchufismo na contratación. Hoxe o concello contrata soamente segundo criterios de mérito, igualdade e capacidade, mediante unhas bases de contratación públicas, obxectivas e nas que non intervén ningún membro da corporación. O BNG vai traballar para consolidar por sempre esta forma de facer as cousas, creando o marco normativo necesario. Creación de microcooperativas de tutela municipal A falta de iniciativa empresarial en Carnota freou estes anos toda expectativa de crecemento do emprego, e polo tanto de redución do drama do desemprego. Sen embargo hai determinados traballos e servizos que contan con demanda que o Concello non pode asumir pola imposibilidade de contratar novo persona...

#3. Patrimonio: Seguir apostando por patrimonio, natureza e deporte

Seguiremos recuperando o noso patrimonio arqueolóxico. Seguiremos co Víndemo Ver e crearemos outra edición no verán. Queremos unha natureza protexida e proveitosa para a veciñanza. Potenciaremos o deporte na natureza. Patrimonio Recuperación do patrimonio arqueolóxico Carnota comezou nesta lexislatura a recuperar o seu patrimonio arqueolóxico coa axuda de voluntariado. Despois de conseguir rescatar do esquecemento a Torre dos Mouros, Castro de Mallou e os conxuntos de petroglifos máis simbólicos do noso Concello, consolidaremos as estruturas descubertas, sinalizaremos e divulgaremos os seus valores.  Crearemos unha páxina web do Museo Aberto de Carnota (xa está en fase de probas). Proxecto arqueolóxico Castelo de San Xurxo O BNG vai apostar por un novo proxecto arqueolóxico de voluntariado da man das entidades veciñais para recuperar o Castelo de San Xurxo, os restos medievais mellor conservados do noso Concello. Recuperación do patrimonio etnográfico Apostaremos po...

#2. Participación veciñal: Afondar nas fórmulas de participación e transparencia

Crearemos o Consello Local de Asociacións. Poremos por fin en marcha os Orzamentos Participativos. Desenvolveremos unha xestión máis transparente mediante novos paneis informativos e recuperaremos a revista municipal. Participación veciñal e transparencia Goberno do pobo e para o pobo O noso goberno caracterizouse desde o primeiro día por ser por e para as persoas, desenvolvendo unha acción de goberno próxima, transparente, dialogante e participativa, baseada na comunicación permanente coas entidades sociais e coa veciñanza en xeral, explicando detidamente os proxectos municipais. A toda acción do goberno lle sucedeu un exercicio de consulta veciñal, autocrítica e finalmente autocorrección. Este debe ser o camiño a seguir, pois só asi un goberno pode ter cada día máis complicidade e entendemento co pobo e mellorar as súas propostas, e non situarse distante da realidade con iniciativas que non responden ás expectativas de ninguén. A veciñanza organizada, motor do Concello Os...

#1. Servizos públicos: Recuperar uns servizos municipais públicos e de calidade

Recuperaremos a xestión da auga e doutros servizos municipais para que xeren emprego e benestar aquí. Ampliaremos os servizos sociais prestando especial atención ás persoas maiores con voluntariado e obradoiros. A recuperación dos bens públicos para a cidadanía Agora que o contrato de xestión da auga e do saneamento están próximos a finalizar, cómpre reflexionar sobre a titularidade dos bens públicos e a súa xestión privativa. En todos estes anos, con distintos gobernos, vimos como unha infraestructura para facilitar a auga corrente ás familias e outra destinada a saneamento e depuración se foron construindo cos cartos dos nosos impostos e se entregaron para a súa xestión a unha empresa para a súa explotación. A xestión da auga, un ben público, non está nas nosas mans, está totalmente privatizada, Pensamos que debe vir outro tempo, onde a xente recupere o que sempre foi seu, a auga e as infraestructuras para xestionar o seu ciclo deben ser totalmente públicas, do concello, ...

O noso programa

Coñece o noso proxecto de futuro para Carnota. Programa de Goberno 2015-2019 Índice Carta de presentación Candidatura Ideas forza #1. Recuperar uns servizos públicos e de calidade #2. Afondar nas fórmulas de participación e transparencia #3. Seguir apostando por patrimonio, natureza e deporte #4. Converter a adversidade en oportunidade #5. Desempeñar o Concello e adaptalo á realidade Actuacións xerais por áreas temáticas Participación veciñal e transparencia Goberno do pobo e para o pobo A veciñanza organizada, motor do Concello Máxima transparencia para lograr a máxima confianza Economía Carnota, camiño do déficit cero Orzamentos participativos Eficiencia economica, laboral e enerxética Emprego Enchufismo cero Creación de microcooperativas de tutela municipal Servizos sociais Rede de voluntariado coa xente maior Obradoiros de memoria Igualdade Combatir a pobreza enerxética Infraestruturas e ordenación do territorio Remat...