Saltar ao contido principal

O BNG de Carnota desenvolve 17 actos para rendir contas e recoller as propostas da veciñanza

O compromiso de transparencia e participación asumido polo BNG de Carnota leva a que prácticamente cada núcleo medio do noso municipio teña por celebrada cando menos unha Asemblea Veciñal para rendirlle contas ao pobo da acción de goberno e recoller as demandas concretas de cada entidade poboacional e incorporalas ao programa de goberno 2015-2019 que estamos construíndo coa xente.

Neste senso, despois das respectivas Asembleas Veciñais sobre o proxecto de Gas Natural, Lariño, Adraño, San Mamede, Carnota, Mallou, Caldebarcos, Lira, O Pindo e Quilmas, tocaralle o turno na semana próxima a Cornido, Panchés, Canedo, Pedrafigueira e Louredo. Pecharemos a rolda de actos innovadora Asemblea Veciñal da Carnota emigrada vía Youtube. Ademais, este venres terá lugar a Cea-Presentación da candidatura que desenvolveremos en Mallou.

Detallamos individualmente cada un deses actos nos que o BNG dará contas ao pobo da xestión do goberno de Carnota nestes 4 anos, e recollerá propostas para o novo programa que desenvolveremos entre o 2015 e o 2019.

Calendario de actos

Asemblea veciñal — Cornido

Luns 27 de abril ás 20h, Asemblea Veciñal en Cornido, diante do taller de Nacho Porto.

Asemblea veciñal — Panchés

Xoves 30 de abril ás 20h, Asemblea Veciñal en Panchés, no medio do lugar.

Cea-Presentación da candidatura do BNG de Carnota

— Venres 1 de maio ás 22h, Cea-Presentación da candidatura, no Restaurante A Morosa de Mallou. Ata compleción de aforo, caso no que se priorizará a asistencia de veciñanza. Anótate no 625 382 644.

Asemblea veciñal — Canedo

— Sábado 2 de maio ás 17h, Asemblea Veciñal en Canedo, no Parque Infantil.

Asemblea veciñal — Pedrafigueira

— Sábado 2 de maio ás 19h, Asemblea Veciñal en Pedrafigueira, na praza do pobo.

Asemblea veciñal — A Carnota emigrada

— Domingo 3 de maio ás 18h, Asemblea Veciñal da Carnota emigrada, na páxina http://youtu.be/7KODecPjd7Y.
Agardamos seguir contando coa vosa participación, pois este proxecto é de toda a veciñanza.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón