Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2010

A Xunta vai reter as contas do concello de Carnota por impagos

Dos concellos integrados na Mancomunidade Serra do Barbanza, que xestiona a planta de Servia (Lousame) na que se trata o lixo de numerosos concellos da nosa zona, Carnota vai ser un nos que, xa de xeito oficial, vai intervir a Xunta de Galiza para garantir os pagamentos á entidade. O anuncio chegou hoxe mesmo de man do seu presidente, Santiago Freire, que anunciou que as inxentes cantidades adebedadas por varios concellos -entre os que cita a Carnota en lugar destacado- o obrigaron a pedir a mediación do goberno galego, pois de seguir nesta dinámica «a mancomunidade acabará asfixiada» e mesmo estaría en perigo a súa viabilidade. Esta drástica medida, que se aplicará desde este mesmo momento, implicará que cada trimestre a Xunta reterá directamente do erario do concello de Carnota determinadas contías, para ir asi facendo fronte á débeda acumulada, que se situaba a mediados de xaneiro en arredor de medio millón de euros . O BNG de Carnota quere amosar a súa total preocupación pola iner...

O alcalde insinúa sen probas que a oposición está detrás dunhas pintadas aparecidas na Casa do Concello

En busca do protagonismo perdido, o PP de Carnota recurre agora ao vitimismo e ás inxurias para adquirir un novo titular na prensa. Unhas pintadas son agora o motivo de que o concello de Carnota volva á palestra mediática, lamentabelmente. Asi, unhas pintadas alusivas ao desgoberno de Carnota aparecidas na noite do 16 convertéronse, tras pasar pola factoría de demagoxia do PP, en mostra da "falta de alternativa" dos grupos da oposición. Delirante. O peor de todo non é que a falta de proxecto o PP precise inventar algo do que falar, senón que o seu círculo de sicarios políticos -en concreto un dos grandes favorecidos polo escándalo dos sobresoldos a colaboradores do PP - sinalou con nome e apelidos un veciño do noso concello, militante do BNG, ao que tamén se lle acusou duns desperfectos nas instalacións deportivas da UD Carnota, que presuntamente tiveron lugar case unha semana despois. Precisamente foi un dirixente desta entidade deportiva o que se puxo en contacto vía tele...

O BNG denuncia o abandono do Pindo e Lariño dos investimentos municipais

O BNG de Carnota quer poñer en coñecemento da veciñanza a situación de agresión continuada aos veciños do Pindo, nomeadamente na cuestión do saneamento da dita localidade. A última materializouse o pasado 28 de xaneiro ao aprobar o novo Plan E (Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local). O Concello xa leva recoñecidos 1,5 millóns de euros deste Plan dos que non investiu nin un só euro no Pindo (nin tampouco do resto dos fondos). No Pindo, ademais, estase a producir unha situación absurda: os veciños levan case 3 anos pagando unha taxa polo saneamento sen disfrutar deste servizo . O BNG xa denunciou esta situación en canto se lle empezou a notificar aos veciños o importe das cotas , a finais do verán de 2007. Tamén presentamos unha moción datada a 20 de novembro de 2008 para que o saneamento do Pindo fora recollido dentro do Plan Estratéxico de Infraestructuras do Medio Rural. Tamén presentamos unha moción o 10 de decembro para o Fondo Estatal de Inversión Local. O BNG tamén ...