Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2007

Tomé Freire, a nosa aposta por Carnota

Para quen desenvolve a súa vida habitualmente no concello de Carnota, Tomé Freire non é ningún descoñecido. Ademais dos seus catro anos (1999-2003) de concelleiro de Economía e Facenda dos que deixou un excelente recordo entre a veciñanza pola súa dedicación, seriedade e proximidade ao pobo, tamén é de moi a ter en conta a súa absoluta implicación no movemento asociativo do noso concello. O noso veciño Tomé Freire naceu en Lira e ten 39 anos. Casado e con dous fillos, é licenciado en Ciencias Empresariais, e traballou a meirande parte da súa vida como técnico na administración local, o que lle confire unha altísima bagaxe de coñecementos das singularidades da xestión municipal que tivo a ocasión de demostrar sobradamente durante os seus catro anos de concelleiro polo BNG en Carnota, no que se erixiu como primeiro artífice da recuperación da extremadamente delicada situación económica do noso concello que o BNG recibiu como vergonzosa herdanza da anterior xestión do Partido Popular. Gra...

Investimentos de Medio Rural nos montes de Carnota

Medio Rural inviste preto de 7,5 millóns de euros en diversas actuacións forestais no distrito de Fisterra. A Consellaría do Medio Rural, a través de distintos plans e ordes de axudas, está a executar obras forestais no distrito V – Fisterra por un total de 7.418.564 euros. O director xeral de Montes e Industrias Forestais, Alberte Blanco, desprazouse esta mañá a Carnota para participar nunha plantación feita por escolares no monte Lariño e visitar diferentes zonas deste concello no que se están a executar obras correspondentes a estes investimentos. Durante esta visita, Alberte Blanco destacou que “estamos a falar dun orzamento moi elevado, tendo en conta que a maioría dos fondos destinados á provincia da Coruña se concentran en actuacións neste distrito, aos que haberá que sumarlle os 280.000 euros correspondentes aos convenios cos oito concellos asinantes para a limpeza de núcleos, e os convenios que se asinarán nas vindeiras semanas para desbroce e motobombas, o que nos situará pre...

Tomé Freire, novo candidato do BNG de Carnota

A asemblea local do BNG de Carnota, tras a xuntanza celebrada no día de onte, escolleu ao compañeiro Tomé Freire como cabeza de lista do BNG de Carnota nas vindeiras eleicións municipais de maio. Dito cambio de candidato debeuse á renuncia do anterior alcalde Xosé Manuel García Martínez a volver a presentarse debido a problemas de saúde. Na mesma xuntanza, decidíronse tamén os nomes das persoas que encabezarán os seguintes postos, resultando escollida Merche Díaz como segunda da dita lista e Euloxio Franco como novidade, no terceiro posto. A asemblea local xa está a traballar na consitución do resto da lista, que se vai caracterizar pola equilibrada presenza de mulleres e pola xusta representación de cada localidade nas nosas listas. Confiamos en que a candidatura escollida polo BNG de Carnota sexa tamén a máis útil para os veciños na defensa dos seus intereses comúns. E tamén en que en poucas semanas a nova que traiamos a este espazo será a da eleición de Tomé Freire como novo alcalde...

Retomamos a actividade neste blog

Despois de case un ano de inactividade neste espazo debido a centrarmos os nosos esforzos na web do BNG de Carnota e logo de varias peticións dos nosos lectores decidimos recuperala como complemento á dita páxina, co que por outra parte subsanaremos algunhas eivas da web nacional coma a sindicación dos contidos . Vémonos axiña. Grazas.