Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2021

Puntualizacións a unha publicación en prensa sobre o proxecto de mellora medioambiental no entorno do Faro de Lariño

Onte nas redes sociais   do Concello compartiuse unha noticia publicada no “Correo Gallego” referente á mellora ambiental no campo de fútbol de Lariño e cunhas declaracións do alcalde de Carnota que como sempre non nos deixa de sorprender, polo que cremos convinte aclarar o seguinte para maior información da veciñanza: 1. As referidas obras xa tiñan que estar rematadas a finais do ano 2019. Pese a estar aprobado o proxecto en pleno na anterior lexislatura por UNANIMIDADE dos membros da corporación (BNG, PP e PSOE), é co visto e prace do secretario-interventor, e a pesares de estar xa en proceso de licitación e contar con 5 ofertas presentadas, o actual goberno municipal, co alcalde e a tenente de alcalde á cabeza negouse unha e outra vez a executar o proxecto, incumprindo un acordo plenario. 2.- Como así recoñecen, efectivamente o proxecto xa existía desde o 2018. A achega do grupo de desenvolvemento rural de 38.000€ está concedida desde o ano 2018. A axuda nominativ...

Información sobre os principais puntos do Pleno Ordinario de 02/09/2021

    1.       APROBACIÓN CONTA XERAL 2020. Neste punto decidimos ABSTERNOS debido á falta de transparencia ao respecto dunha partida de 110.000 € de gastos correntes que tiña como finalidade o proxecto concreto de “mellora do campo de fútbol de Lariño”, partida que si aparecía na conta xeral do 2019 e que misteriosamente non sabemos cal foi o seu destino final. Ainda que agora unha parte deste proxecto está a executarse cunha axuda nominativa da Deputación concedida no ano 2018, desde o BNG consideramos que deberíamos saber o destino deses 110.000 € ou cando menos debería existir un remanente de crédito 2.       Aprobación POS+ADICIONAL Aprobouse por UNANIMIDADE e os proxectos incluídos son o de: -       Saneamento e pavimentación nas Estañeiras – 66.303,80 € -       Rueiro Interior no Pindo: 94.222,49 € Proxectos xa aprobados no pleno do día 28 de xaneiro. A ma...