Saltar ao contido principal

Puntualizacións a unha publicación en prensa sobre o proxecto de mellora medioambiental no entorno do Faro de Lariño


Onte nas redes sociais  do Concello compartiuse unha noticia publicada no “Correo Gallego” referente á mellora ambiental no campo de fútbol de Lariño e cunhas declaracións do alcalde de Carnota que como sempre non nos deixa de sorprender, polo que cremos convinte aclarar o seguinte para maior información da veciñanza:

1. As referidas obras xa tiñan que estar rematadas a finais do ano 2019.

Pese a estar aprobado o proxecto en pleno na anterior lexislatura por UNANIMIDADE dos membros da corporación (BNG, PP e PSOE), é co visto e prace do secretario-interventor, e a pesares de estar xa en proceso de licitación e contar con 5 ofertas presentadas, o actual goberno municipal, co alcalde e a tenente de alcalde á cabeza negouse unha e outra vez a executar o proxecto, incumprindo un acordo plenario.

2.- Como así recoñecen, efectivamente o proxecto xa existía desde o 2018. A achega do grupo de desenvolvemento rural de 38.000€ está concedida desde o ano 2018. A axuda nominativa de 120.000 tamén foi concedida pola Deputación no ano 2018. Polo que para levar a cabo este proxecto o actual goberno municipal do PSOE non consigueu nin un só euro.

3.- O proxecto para o anterior goberno municipal do BNG era considerado como un proxecto de futuro prevendo o problema que podía supoñer a presencia masiva de autocaravanas e a falta de control sobre as mesmas ao longo de toda a costa de Carnota e pretendíase darlle unha solución. Semella que non iamos tan descamiñados cando concellos da zona (gobernados polo PSOE) están levando a cabo actuacións similares e vendéndoas a “bombo e platillo”.

Mais queremos lembrarlles que o proxecto de dotar dunha área de autocaravanas a este espazo non se eliminou, vaise facer con cargo ao Plan de Obras 2020 da Deputación como así se APROBOU POLA MAIORIA ABSOLUTA do pleno a proposta do BNG, coa abstención do alcalde e 3 concelleiros do PSOE e o voto en contra da tenente alcalde, veciña por certo de Lariño, logo de negarse a cumprir o alcalde un compromiso  que tiña asinado por escrito có PP.

4. Na mellora do entorno no que participou Costas do Estado e que fai referencia o señor Alcalde tamén estaba incluido o derrubo da “caseta de Miché”?

5. As pistas de pádel no proxecto orixinal eran dúas. O alcalde comprometeuse a que máis adiante faríase a segunda pista de padel. Aínda que non cumpre cos compromisos escritos esperemos que cumpra coa súa palabra.

6. Cando se refire as trabas a este proxecto queremos lembrarlle que si alguén as puxo non foi o BNG, todo o contrario, quen si puxo todo empeño para dificultar a súa execución foi o alcalde e o seu equipo de goberno desde un principio. Para elo tivo que levarse a cabo unha reunión ca veciñanza de Lariño e tres plenos nesta lexislatura. Ese foi o que lle costou ao BNG sacar adiante este proxecto grazas tamén, todo hai que decilo, ao apoio do PP.

7. É MENTIRA que as contas do Concello estivesen “comprometidas” como di nas declaracións da nota de prensa a tenente de alcalde. Eran 110.000€ que había asignados para este proxecto aprobado, e unicamente pendente de licitación, e por suposto co informe favorable do anterior secretario-interventor do Concello. Pero a pregunta é... onde están agora eses cartos? En que se gastaron? Pois desto si que ninguén sabe nada, ou polo menos á oposición non se nos informou a día de hoxe, e non sería porque non se preguntara polo tema. En fin, iso si que é comprometer as arcas municipais.

https://www.elcorreogallego.es/concellos/toma-forma-el-espacio-de-ocio-que-albergara-larino-KF8979084


 

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Toma a palabra!

Esta páxina está pechada por cuestións técnicas e alleas á vontade do BNG, e consérvase para a súa consulta. O BNG de Carnota habilita este espazo para que poidas expresarnos libremente as túas queixas, dúbidas, suxerencias... Para facilitar a resolución da cuestión que nos plantexes será de moita utilidade que a redacción sexa clara e concisa. Se a túa mensaxe se dirixe a algún membro do noso grupo municipal síntete libre de plantexalo dese xeito no teu texto e faráselle chegar coa maior brevidade posíbel. Tamén dispós da opción de escribirnos un correo electrónico a carnota(arroba)bng-galiza.org. Agradeceríamos o ton constructivo das mensaxes, e que os debates, de estabelecérense, se desenvolvan co debido respecto mutuo a todas as posicións. Por outra parte lembrar que, como vén sendo habitual no espazo para comentar os artigos desta páxina, eliminaremos os comentarios inxuriosos dedicados a atacar a vida personal das persoas que participan na vida política de Carnota. Desex...

Acordo da Asemblea local do BNG de Carnota de 28/05/11

Dando cumprimento ao acordado polo conxunto da Asemblea Local do BNG de Carnota o pasado sábado 28 de maio, difundimos para o coñecemento de toda a veciñanza o documento que recolle a postura do BNG de Carnota a respecto do actual panorama político post-electoral no noso concello, despois de telo posto en coñecemento dos responsábeis do PSOE no día de onte. ACORDO DA ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE CARNOTA Reunido o conxunto da militancia do BNG de Carnota en Asemblea Local, organismo convocado en tempo e forma e plenamente lexitimado para adoptar o seguinte acordo, pola unanimidade dos asistentes acordamos: Nas Eleccións Municipais do 22 de maio de 2011 o pobo de Carnota decantouse clara e maioritariamente por un cambio de goberno no Concello de Carnota. Os candidatos á alcaldía do BNG e do PSOE manifestaron en público e en privado o compromiso de, no caso de non se producir unha maioría absoluta, outorgar o seu voto na sesión de investidura aos candidatos da lista que, entre elas, obti...

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...