A Asemblea Local das e dos nacionalistas carnotáns renova o seu Consello Local A militancia do BNG de Carnota reuniuse na tarde de onte para adoptar varias decisións importantes de cara ao futuro da organización das e dos nacionalistas de Carnota. A Asemblea elixiu coma novo responsábel local do BNG de Carnota a Iván Franco Caamaño , veciño de Carnota de 38 anos, que substitúe na máxima responsabilidade despois de sete anos a Belén Campos , quen continuará nun Consello Local do que tamén formarán parte Mario Maceiras (organización), Pilar Tubío (actas) e Jorge Fiuza (finanzas). O BNG de Carnota quere agradecer o traballo incansábel desenvolto pola compañeira Belén nesta etapa complicada á fronte do BNG. Asumiu a responsabilidade cando o PP tiña maioría absoluta e o BNG 3 edís e menos de 900 votos. Hoxe o BNG goberna Carnota en maioría absoluta, con 6 edís e case 1.300 votos; e todo isto no medio da crise interna que vén de superar exitosamente o nacionalismo. Hoxe o BNG ofre...