O BNG de Carnota convida a toda a veciñanza a participar na elaboración da candidatura e da 1ª fase do programa
O BNG abre a súa candidatura e programa electoral ás propostas e adhesións da veciñanza que se desexe sumar ao proxecto transformador para Carnota iniciado no 2011 a partir da toma de posesión de Ramón Noceda coma alcalde. A reunión aberta terá lugar o sábado 28 de marzo ás 19:00h na Casa do Concello , de xeito que quen desexe facer unha proposta ou mesmo formar parte da candidatura do BNG-Asembleas Abertas teña a oportunidade de facelo nesta xuntanza.