Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2005

Organizando a carretaxe

Unha vez máis, e pese á ameaza da presencia de máis de cincocentas cámaras vixiando o entorno de colexios electorais da Galiza rural onde o PP adoita a facer gala das máis rastreiras artimañas para "roubar os votos". Na ligazón de abaixo atoparedes unha serie de comentarios publicados polos que aínda non deben comprender as reglas do xogo democrático que son unhas Eleccións. O primeiro mensaxe incluso fai as recomendacións oportunas para levar a cabo a "carretaxe" dunha forma "disimulada", sacándose da manga incluso que "vamos a intentar dejar a las personas que llevaremos a votar a más de doscientos metros del colegio electoral (en ese caso no es delito)", cousa que por certo é falsa. Hola me he enterado que el 19-J habrá doscientas cámaras gravando colegios electorales, sobre todo en el interior de las provincias de Lugo y de Ourense. A nosotros ya nos dieron órdenes de que tengamos mucho cuidado y creo que vamos a intentar dejar a las persona...

O PP perde a maioría absoluta en Galiza

Á espera do que poida definir finalmente o "voto emigrante", o PP e Fraga acaban de perder dun xeito estrepitoso a maioría absoluta nas Eleicións Autonómicas, tras ceder cinco escanos. Nembargantes, o análise non pode resultar todo o satisfactoria para o BNG como chegaron a anticipar as enquisas a pé de urna, pois perdemos dun xeito difícilmente explicábel 4 escanos. Por outra parte, o voto útil deixa de ser útil en mans do PSOE, e o feito de que Zapatero gañara o governo central non pode en ningún caso condicionar o cambio en clave de País que a inmensa maioría dos galegos confesou desexar en vísporas das Eleicíóns, e moito menos o vai ser en mans do "útil" voto ao PP, útil para manter ao entramado de "amijiños" que sumiu xa durante anos ao PP na loita de poderes interna. Nós, pola nosa parte, debemos recoñecer a Anxo Quintana o indubidábel feito de converter a nosa opción en revelación da campaña e tamén ao feito de afianzar o novo liderazgo no BNG e apr...

Axenda electoral do BNG na Costa da Morte

Sábado 4 de xuño Encontro co sector dos mariscadores ás 12h na aula de cultura da Casa do Mar en Fisterra. Falarán: Bieito Lobeira Domínguez , candidato nº 2 por Pontevedra, e ex-deputado encargado de asuntos do mar. Mercedes Díaz Mayán , candidata nº 14, pola Costa da Morte, e secretaria da confraría do Pindo. Mitin ás 21h na Casa do Mar en Lira (Carnota). Presenta: Mario Maceiras, Responsable local de Galiza Nova Falarán: Xosé Manuel García Martínez , Alcalde de Carnota. Mercedes Díaz Mayán , candidata nº 14, pola Costa da Morte. Ánxela Bugallo Rodríguez , candidata nº 2. Domingo 5 de xuño Mitin ás 18h no CEIP de Vilarmide (Muxía). Presenta: Luisa Gerpe García , Responsable local de comunicación. Falarán: Manuel Antelo Pazos , candidato nº 11, pola Costa da Morte. Carlos Aymerich Cano , candidato nº 3 Mitin ás 20.30h na Casa de Pedra (Camariñas). Presenta: Luis M. Suárez Pérez , Responsable local de Camariñas. Falarán: Manuel Antelo Pazos , candidato nº 11, pola Costa da Morte. Carlo...

Anxo Quintana estará en Carnota!

O candidato do BNG á presidencia da Xunta de Galiza nas vindeiras Eleicións Autonómicas do 19-X, Anxo Quintana, aproveitará a súa visita á Costa da Morte o vindeiro luns día 6 para achegarse ao noso Concello unha vez máis e coñecer un pouco máis a fondo os nosos sectores productivos. Ademais ás 20 horas deste sábado día 4 terá lugar un acto na Casa do Mar de Lira, para o que contaremos coa presenza da candidata nº 2 polo BNG pola provincia da Coruña Ánxela Bugallo . Intervirán tamén Serxio Sendón (responsábel comarcal de Galiza Nova), Manolo García (alcalde de Carnota) e Merche Díaz (concelleira e nº 14 da lista nacionalista ao Parlamento) . Esperamos que o acto sexa do voso interese para garantir unha boa presenza que aúpe ao que cremos máis valedeiro Presidente da Xunta cara aos duros días que lle esperan. Adiante Quin, Carnota está contigo! O Blog de Quin