O goberno nacionalista en funcións do concello de Carnota acaba de aprobar o proxecto de obradoiro de emprego municipal que suporá a contratación de case medio cento veciños desempregados e arredor de media ducia de persoas máis para actividades formativas. Precisamente, o programa non só procura contratar durante un ano a 45 persoas en situación de desemprego nunhas condicións dignas -sobre mil euros de salario con todas as garantías sociais e laborais-, senón o que é máis importante, aproveitar ese tempo para formalas en competencias con alta demanda laboral na nosa zona, como poden ser os profesionais da xardinería, canteiría, carpintería... e mesmo en novas profesións puxantes con saída laboral garantida no futuro como instaladores de enerxía solar fotovoltaica e térmica. Por outra parte, non podemos omitir a enorme incidencia que esta iniciativa vai ter para a mellora da calidade de vida de toda a veciñanza de Carnota, pois a actividade deste obradoiro de emprego desempregarase en...