Saltar ao contido principal

Teatro Oreiro: 1º acto

Poucas horas logo de saberse os resultados das eleicións xa estaba en boca de todos os veciños o rumor de que Oreiro non chegará a ocupar a alcaldía de Carnota debido ao seu cargo no Congreso dos Deputados, delegando así as súas responsabilidades nalgún dos seus segundóns. Xa sabíamos que a seriedade non é precisamente unha das virtudes que caracterizan ao futuro rexedor de Carnota, pero que a estas alturas queira simular que se está cuestionando quen vai ocupala alcaldía é unha absoluta irracionalidade, que somentes pode respostar ás demandas da prensa rosa.

O Sr. Oreiro, totalmente ninguneado incluso polos seus no Congreso de Deputados, quere facernos crer que ten "tanto protagonismo" en Madrid que dubida se volver para Carnota. Entendemos que non lle guste pasar á historia como o simple levantamáns que foi durante estes anos, con escasísimas intervencións de aínda máis escasa relevancia, e rara vez sequera vencelladas a Galiza, xa non dicimos a Carnota. Pero todo o mundo sabe que cando perdeu as eleccións hai 8 anos estivo durante meses chorando a súa desgracia por todos os recunchos da nosa xeografía. De feito, foi o seu afán desmedido pola alcaldía de Carnota os que lle fixeron cometer os excesos que o levaron, precisamente, a perder o goberno municipal. Entón, a que responde agora que veña remoloneando cando por fin acadou a desexada alcaldía de novo?

Sr. Oreiro, non tome aos veciños de Carnota por parvos, ocupe dunha vez a alcaldía e déixese de pantomimas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón