O pleno do Concello de Carnota aprobou por unanimidade unha moción presentada polo BNG para reclamar medidas que garantan unha vida digna e sen desigualdades na Costa da Morte. A iniciativa recolle demandas fundamentais para o futuro da comarca. Entre elas, o remate da autovía da Costa da Morte e a súa conexión co Porto de Brens e co Polígono Industrial de Vimianzo, tal e como estaba previsto inicialmente. Para o BNG, mellorar as comunicacións é imprescindíbel para favorecer a actividade económica, facilitar os desprazamentos diarios e rematar co illamento que padecen moitos concellos da comarca. A moción tamén reclama a eliminación das peaxes da autovía Carballo-A Coruña. A veciñanza da Costa da Morte non pode seguir pagando unha penalización económica por desprazarse a traballar, estudar, recibir atención sanitaria ou acceder a servizos básicos. Outro dos puntos aprobados demanda un verdadeiro plan de transporte público para a comarca, cunha nova planificación das conexións, mellores...