Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2015

Novo parque infantil no Pindo

Detalle do proxecto do novo parque O goberno municipal do Concello de Carnota vén de aprobar en solitario no último pleno (coa abstención de PP e PSOE) a creación dun novo parque infantil no Pindo , co que aumenta a oferta de lecer para os cativos e adultos desta parroquia. A infraestructura, cuxas obras comezarán de inmediato, situarase nun baldío municipal ubicado no porto do Pindo e contará cun orzamento de 49.014,20€. O investimento converterá unha parcela en desuso dunha zona de xogos infantís de 234 metros cadrados ben separada do tráfico rodado e con balancíns, columpios e tobogáns. Asi mesmo contará cunha área biosaudábel para exercicios de adultos de 73 metros cadrados. Todo o conxunto estará rodeado dunha ampla zona verde e crearanse ademais 67 metros cadrados de novos aparcamentos, pois é unha zona que -sobre todo no verán- tende a saturarse bastante de coches.

O Concello reinicia a participación veciñal con 13 reunións nun mes

O renovado goberno municipal de Carnota refresca a súa aposta pola plena participación directa do pobo de Carnota nas súas políticas, mediante unha rolda de Asembleas Veciñais que desenvolverá entre o 18 de setembro e o 17 de outubro en 13 lugares do noso Concello. O obxecto destas Asembleas, nas que sempre estarán presentes membros do equipo de goberno, será analizar as actuacións e os proxectos que se consideran necesarios nos distintos lugares, na opinión da súa propia veciñanza. O Pindo : Venres 18 de setembro ás 20 horas Quilmas : Sábado 19 de setembro ás 18 horas Louredo : Xoves 24 de setembro ás 19 horas San Mamede : Venres 25 de setembro ás 20 horas Carnota : Sábado 26 de setembro ás 12 horas Mallou : Mércores 30 de setembro ás 20 horas Canedo : Xoves 1 de outubro ás 19 horas Lira : Venres 2 de outubro ás 20 horas Adraño : Sábado 3 de outubro ás 12 horas Lariño : Mércores 7 de outubro...