O renovado goberno municipal de Carnota refresca a súa aposta pola plena participación directa do pobo de Carnota nas súas políticas, mediante unha rolda de Asembleas Veciñais que desenvolverá entre o 18 de setembro e o 17 de outubro en 13 lugares do noso Concello.
O obxecto destas Asembleas, nas que sempre estarán presentes membros do equipo de goberno, será analizar as actuacións e os proxectos que se consideran necesarios nos distintos lugares, na opinión da súa propia veciñanza.

- O Pindo: Venres 18 de setembro ás 20 horas
- Quilmas: Sábado 19 de setembro ás 18 horas
- Louredo: Xoves 24 de setembro ás 19 horas
- San Mamede: Venres 25 de setembro ás 20 horas
- Carnota: Sábado 26 de setembro ás 12 horas
- Mallou: Mércores 30 de setembro ás 20 horas
- Canedo: Xoves 1 de outubro ás 19 horas
- Lira: Venres 2 de outubro ás 20 horas
- Adraño: Sábado 3 de outubro ás 12 horas
- Lariño: Mércores 7 de outubro ás 20 horas
- Cornido: Mércores 14 de outubro ás 18 horas
- Caldebarcos-Panchés: Venres 16 de outubro ás 20 horas
- Pedrafigueira: Sábado 17 de outubro ás 12 horas
Agardamos a implicación de toda a veciñanza!

Comentarios
Publicar un comentario