Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2026

O BNG urxe á Xunta a impulsar a construción de vivenda de promoción pública na Costa da Morte

Carnota xa é, tras Sanxenxo e Barreiros, o Concello con máis vivendas turísticas por quilómetro cadrado O BNG, a través do deputado Oscar Insua, presentou varias iniciativas no Parlamento galego na que pide á  Xunta de Galiza que leve a cabo unha batería de actuacións para impulsar a vivenda pública na Costa da Morte. Trátase dunha cuestión que segue a ocupar a primeira posición nos estudos sociolóxicos como principal problema existente para a cidadanía. Insua solicitou que o Goberno galego inicie a tramitación para construír vivendas de promoción pública (VPP) nos concellos da Costa da Morte, así como que realice un estudo real e obxectivo sobre a vivenda na comarca, e que leve a cabo unha campaña de información pública naqueles municipios que promovan a inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda en Galiza. O deputado afirmou que “precisamos ter unha radiografía real da demanda de vivenda, porque os datos do rexistro non se corresponden coa realidade, e iso débese á fa...

O BNG reclama obras urxentes no firme da AG-55 entre Carballo e A Coruña

O BNG exixiu á Xunta de Galiza obras urxentes de mellora no firme da autovía AG-55 entre Carballo e A Coruña, unha vía utilizada habitualmente pola veciñanza da Costa da Morte nos seus desprazamentos cara á área coruñesa. O deputado Oscar Insua denunciou o mal estado do firme, con “ducias de balsas de augas e de fochancas” ao longo do traxecto, e advertiu de que nos días de choiva a circulación convértese nun perigo. “Pagar por isto é un atraco, outra aldraxe á nosa comarca”, sinalou. O BNG lembra que a AG-55 entre A Coruña e Carballo foi construída nos anos noventa e que, case tres décadas despois, presenta un estado lamentábel, con rebacheos, acumulacións de auga e puntos nos que se produce aquaplaning. A organización reclama que a Axencia Galega de Infraestruturas realice unha inspección global da autovía e determine as actuacións necesarias para solucionar os problemas de seguridade viaria. Para o BNG, non é aceptábel que unha vía de peaxe presente este estado de conservación. ...

A frota artesanal reclama quedar fóra do Regulamento Europeo de Control da Pesca

O BNG reclamou a exclusión da frota artesanal do Regulamento Europeo de Control da Pesca, advertindo do grave impacto que esta normativa pode ter sobre a pesca de baixura galega. A entrada en vigor do novo regulamento provocou unha forte resposta do sector, con paros e mobilizacións en distintos puntos, tamén na Costa da Morte. Para o BNG, a norma introduce unha carga burocrática e unhas obrigas difíciles de asumir para embarcacións pequenas, con tripulacións reducidas e cunha realidade moi distinta á da grande frota industrial. A deputada e voceira de Mar do BNG, Rosana Pérez, reclamou “realismo e sentido común” á hora de regular estas embarcacións. A partir de 2030, as obrigas estenderanse tamén aos barcos de menos de 9 metros, precisamente unha parte moi importante da frota artesanal e de baixura galega. “Este non é un regulamento nin para a nosa frota artesanal nin para as nosas rías. Está pensado para outro tipo de barcos máis grandes e non recoñece a realidade do noso sector”,...