Saltar ao contido principal

O BNG urxe á Xunta a impulsar a construción de vivenda de promoción pública na Costa da Morte

Carnota xa é, tras Sanxenxo e Barreiros, o Concello con máis vivendas turísticas por quilómetro cadrado

O BNG, a través do deputado Oscar Insua, presentou varias iniciativas no Parlamento galego na que pide á  Xunta de Galiza que leve a cabo unha batería de actuacións para impulsar a vivenda pública na Costa da Morte. Trátase dunha cuestión que segue a ocupar a primeira posición nos estudos sociolóxicos como principal problema existente para a cidadanía.

Insua solicitou que o Goberno galego inicie a tramitación para construír vivendas de promoción pública (VPP) nos concellos da Costa da Morte, así como que realice un estudo real e obxectivo sobre a vivenda na comarca, e que leve a cabo unha campaña de información pública naqueles municipios que promovan a inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda en Galiza. O deputado afirmou que “precisamos ter unha radiografía real da demanda de vivenda, porque os datos do rexistro non se corresponden coa realidade, e iso débese á falla de información, que é instigada pola Xunta para evitar construír vivendas VPP e así xustificarse”.

O BNG lembrou que a Costa da Morte non escapa á problemática de vivenda que está a afectar á grande maioría da poboación. Os prezos tanto para a compra como para o aluguer de vivenda “non deixan de medrar, e alcanzan cifras desorbitadas e inalcanzables para a gran maioría da poboación, tendo en conta que a subida dos salarios non crecen ao mesmo ritmo, e non son suficientes nin para mercar unha vivenda nin para alugala, sen destinar menos do 50 por cento da nómina”. 

Os nacionalistas salientaron que son moitos os veciños e veciñas que non teñen a posibilidade de mercar unha vivenda ou alugala de forma permanente máis de nove meses seguidos. “E sobre todo, a quen máis lle afecta é á mocidade, que anda na procura do primeiro emprego e do primeiro domicilio cando se independiza”, advertiron.

O BNG fixo pé a falta de promoción de vivenda pública pola Xunta de Galiza foi unha constante nos últimos anos, e sinalou que a Xunta respondeu a unha pregunta do deputado Oscar Insua explicando que o IGVS non está a construír vivenda pública nos concellos do rural porque a súa estratexia estase a concentrar nos núcleos que teñen maior demanda. “Isto está condenando a todos os municipios rurais da Costa da Morte e tamén de Bergantiños á despoboación paulatina”, subliñou a formación nacionalista.

O Bloque incidiu en que o problema do acceso á vivenda aumenta tamén pola proliferación exponencial das vivendas turísticas, que axuda a que suban os prezos. Neste senso, os datos de xuño deste ano amosan que entre os dez primeiros concellos galegos con maior concentración de prazas en vivenda de uso turístico por quilómetro cadrado, despois de Sanxenxo e Barreiros, está Carnota, con 558’5; Fisterra con 495’1; Corcubión con 382’8; e Laxe con 341.

Oscar Insua afirmou que “o PP esta mesma semana no parlamento votou en contra dunha proposición de lei para regular as VUT co fin de facer fronte ao incremento de prezos da vivenda e á contracción da oferta de vivendas en alugueiro, e ao mesmo tempo segue sen construír unha soa vivenda de promoción pública na Costa da Morte, que son as únicas novas vivendas que poden garantir que serán residenciais e que servirán para que a xente se empadroe nos concellos e non siga escapando para os grandes núcleos de poboación”.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Toma a palabra!

Esta páxina está pechada por cuestións técnicas e alleas á vontade do BNG, e consérvase para a súa consulta. O BNG de Carnota habilita este espazo para que poidas expresarnos libremente as túas queixas, dúbidas, suxerencias... Para facilitar a resolución da cuestión que nos plantexes será de moita utilidade que a redacción sexa clara e concisa. Se a túa mensaxe se dirixe a algún membro do noso grupo municipal síntete libre de plantexalo dese xeito no teu texto e faráselle chegar coa maior brevidade posíbel. Tamén dispós da opción de escribirnos un correo electrónico a carnota(arroba)bng-galiza.org. Agradeceríamos o ton constructivo das mensaxes, e que os debates, de estabelecérense, se desenvolvan co debido respecto mutuo a todas as posicións. Por outra parte lembrar que, como vén sendo habitual no espazo para comentar os artigos desta páxina, eliminaremos os comentarios inxuriosos dedicados a atacar a vida personal das persoas que participan na vida política de Carnota. Desex...

Acordo da Asemblea local do BNG de Carnota de 28/05/11

Dando cumprimento ao acordado polo conxunto da Asemblea Local do BNG de Carnota o pasado sábado 28 de maio, difundimos para o coñecemento de toda a veciñanza o documento que recolle a postura do BNG de Carnota a respecto do actual panorama político post-electoral no noso concello, despois de telo posto en coñecemento dos responsábeis do PSOE no día de onte. ACORDO DA ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE CARNOTA Reunido o conxunto da militancia do BNG de Carnota en Asemblea Local, organismo convocado en tempo e forma e plenamente lexitimado para adoptar o seguinte acordo, pola unanimidade dos asistentes acordamos: Nas Eleccións Municipais do 22 de maio de 2011 o pobo de Carnota decantouse clara e maioritariamente por un cambio de goberno no Concello de Carnota. Os candidatos á alcaldía do BNG e do PSOE manifestaron en público e en privado o compromiso de, no caso de non se producir unha maioría absoluta, outorgar o seu voto na sesión de investidura aos candidatos da lista que, entre elas, obti...

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...