Saltar ao contido principal

A frota artesanal reclama quedar fóra do Regulamento Europeo de Control da Pesca

O BNG reclamou a exclusión da frota artesanal do Regulamento Europeo de Control da Pesca, advertindo do grave impacto que esta normativa pode ter sobre a pesca de baixura galega.

A entrada en vigor do novo regulamento provocou unha forte resposta do sector, con paros e mobilizacións en distintos puntos, tamén na Costa da Morte. Para o BNG, a norma introduce unha carga burocrática e unhas obrigas difíciles de asumir para embarcacións pequenas, con tripulacións reducidas e cunha realidade moi distinta á da grande frota industrial.

A deputada e voceira de Mar do BNG, Rosana Pérez, reclamou “realismo e sentido común” á hora de regular estas embarcacións. A partir de 2030, as obrigas estenderanse tamén aos barcos de menos de 9 metros, precisamente unha parte moi importante da frota artesanal e de baixura galega.

“Este non é un regulamento nin para a nosa frota artesanal nin para as nosas rías. Está pensado para outro tipo de barcos máis grandes e non recoñece a realidade do noso sector”, advertiu Rosana Pérez, lembrando que tanto PP como PSOE apoiaron esta normativa e deben agora asumir a súa rectificación.

Entre os problemas sinalados está o diario electrónico, considerado inasumíbel para moitas embarcacións de baixura, así como a obriga de realizar múltiples comunicacións ao longo da xornada, engadindo máis burocracia a un sector xa sometido a fortes esixencias administrativas.

Para concellos mariñeiros coma o noso, con actividade pesqueira tradicional e forte vínculo co mar, esta cuestión ten unha importancia directa. Defender a frota artesanal é defender emprego, territorio, relevo xeracional e unha forma de vida ligada ás comunidades costeiras.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón