Hoxe 28 de decembro, Día dos Inocentes, tivo lugar en Carnota un pleno extraordinario, forzado pola oposición para que o goberno explicara os criterios do proceso de selección dun Obradoiro de Emprego que alcanzou entre as veciñas e veciños de Carnota proporcións de verdadeiro escándalo . Por desgraza, a súa xustificación do proceso non foi unha broma propia de tan sinalado día, senón unha mostra máis dun goberno municipal que hai moitos meses pareceu perder o rumbo. No transcurso do pleno monográfico, como era previsíbel, o alcalde eludiu asumir responsabilidades directas sobre as contratacións, culpando a unha Comisión constituída a tal efecto, conformada por dous membros da Xunta e outros dous do Concello, coa que él non tería «nada que ver», como tampouco cos criterios escollidos e mesmo chegando a simular a súa sorpresa por que desde a oposición se lle esixira celebrar este pleno. O portavoz municipal do BNG tomou a palabra para criticar que unha cuestión que subscitara tal po...