Fonte: La Voz de Galicia A dramática situación económica de Carnota tamén ten moito que ver co sistema de contratación que José Oreiro levou a cabo no seu mandato. O BNG xa denunciara publicamente que nos seus primeiros meses de mandato Oreiro despedira 9 traballadores que por teren subvencións o seu custe supoñía só 10 mil € ao concello, e que logo contratara para as mesmas funcións 8 traballadores por un custo de 150 mil €. Precisamente unha desas contratacións foi a que levou a Ramón Noceda, en representación do Concello de Carnota, a denunciar o pasado mes de febreiro ao seu antecesor José Oreiro por prevaricación nunha contratación ilegal sen publicidade nin concurso publico ao que puidera acceder en igualdade de condicións calquera interesado ou interesada, ata o punto de dármoslle trato de salario político a cargo do erario municipal, é dicir, do peto de todos os veciños e veciñas. O certo é que esta contratación producírase ás escasas semanas da posesión de José Oreiro...