Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2016

Carnota logra un remanente de tesoureiría positivo por primeira vez nunha década

Resumo do pleno de 09/03/16 O esforzo de saneamento economico das arcas municipais permitiron ao goberno local de Carnota liquidar o exercicio de 2015 cun remanente positivo de tesoureiría duns 206 mil euros. É a primeira vez nunha década que Carnota remata o ano en positivo, algo que parecía impensábel en exercicios anteriores e sobre todo logo da última etapa do PP no goberno, que ofreceu sempre remanentes negativos de entre -1 e -1,3 millóns de euros. O BNG de Carnota agradece á veciñanza a súa gran paciencia e colaboración que permitiron ao goberno con paso lento pero seguro lograr este fito histórico, pois sabemos que houbo asuntos de importancia que tiveron que quedar no tinteiro estes anos, por culpa dunha situación económica pésima que obrigou a antepoñer o pago de facturas a outras cuestións. Sen embargo, o esforzo de todos os veciños e todas as veciñas tivo os seus froitos e hoxe afrontamos o futuro con moita máis ilusión e confianza na viabilidade económica do noso ...

Pleno extraordinario importante hoxe ás 20:30h

Comunicamos un pleno extraordinario que terá lugar hoxe, mércores 9 de marzo ás 20:30h no Salón de Plenos, coa seguinte ORDE DO DÍA: Aprobación da acta da sesión anterior Plan de aforro e investimento (PAI) 2016 Aprobación definitiva da RPT Dar conta da liquidación do orzamento de 2015 Aprobación inicial do orzamento da corporación para 2016 Moción 8 de marzo do BNG Pola especial transcendencia de varios dos temas a tratar, convidamos a toda a veciñanza a acudir.