Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: agosto, 2020

Comunicado do BNG de Carnota ante as declaracións feitas na Voz de Galicia do día 20 de agosto do 2020 polo actual alcalde do Concello de Carnota. Juan Manuel Saborido

Comunicado do BNG de Carnota ante as declaracións feitas na Voz de Galicia do día 20 de agosto do 2020 polo actual alcalde do Concello de Carnota. Juan Manuel Saborido:   1.- O actual alcalde di que Moncho Noceda “consignou os cartos do erario público para que fose o concello o que pagase a súa condena, evitando asumir el o custe”. Isto non é certo . A sentenza establece unha indemnización de 10.000€ para a traballadora, a pagar “solidariamente” (cita textual da sentenza) polo Concello e o ex-alcalde. O Concello acorda o ingreso destes 10.000€ cando a sentenza aínda non era firme (xa que estaba recurrida), evitando así que dita cantidade xerara máis intereses ante a tardanza da resolución do Tribunal Supremo. Se Juan Manuel Saborido considera que o Concello debe reclamarlle algunha cantidade por esta indemnización ao ex-alcalde Moncho Noceda, deberá facelo pola vía legal correspondente, como é a súa obriga.   2.- O actual alcalde Juan Manuel Saborido declara “que...

O goberno de Carnota renuncia a defender á veciñanza non reclamando 172 mil euros aos exmandatarios inhabilitados

O executivo municipal de Carnota, do PSOE, nunha clara deixación das súas funcións, renunciou a presentar o recurso xudicial para esixir os 172.684,40 € que lle supuxo ás arcas municipais o sobrecusto pola contratación ilegal da asesora xurídica de urbanismo, motivo polo cal foron condeados penalmente por prevaricación administrativa o ex alcalde José Oreiro e a ex-tenente alcalde Marisol Piñeiro despois da senteza do Xulgado do Penal 4 da Coruña de data 16/03/20 . Con esta actitude neglixente o goberno municipal encabezado polo alcalde Juan M. Saborido quedou só neste proceso. O BNG antes de que rematase o prazo de presentación do recurso presentou por rexistro un escrito solicitándolle ao goberno que procedese á pertinente presentación do recurso reclamando eses 172.684,40€ que lle corresponderían a toda a veciñanza de Carnota, na defensa dos seus lexítimos intereses. Mais agora tamén o propio Partido Popular asumiu esta posición e preguntou no último pleno o porqué da non presentaci...

Explicación sobre o abandono do pleno dxs concelleirxs do BNG

No último pleno ordinario celebrado o pasado xoves 30 de xullo o grupo municipal do BNG abandonou o pleno polo que consideramos unha falta reiterada de respeto por parte do Sr. Alcalde referíndose a nosa Portavoz, Belén Campos, e a concelleira Pilar Tubío continuamente en diminutivo cun tono machista que se leva repetindo nos últimos plenos. Lembramoslle ao Sr. Alcalde que como concelleiras electas e representantes dxs veciñxs merecen un mínimo de respeto institucional fronte a unha actitude displicente indigna do máximo mandatario municipal. Utilizar o diminutivo soio cando se dirixe as concelleiras da oposición, e non do resto de concelleiros, é unha falta de respeto en si mesmo. Coloca a «Belenciña» ou "Pilariña" nunha posición de subordinación e inferioridade, como si o que elas expuxeran no pleno foran infantilismos ou parvadas. Eso simplemente é puro machismo. Polo que agardamos que nun futuro garde as formas e se dirixa as nosas concelleiras có debido respeto ...