Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2009

O alcalde recoñece que o 80% dos contratados no Obradoiro de Emprego «son do PP»

Hoxe 28 de decembro, Día dos Inocentes, tivo lugar en Carnota un pleno extraordinario, forzado pola oposición para que o goberno explicara os criterios do proceso de selección dun Obradoiro de Emprego que alcanzou entre as veciñas e veciños de Carnota proporcións de verdadeiro escándalo . Por desgraza, a súa xustificación do proceso non foi unha broma propia de tan sinalado día, senón unha mostra máis dun goberno municipal que hai moitos meses pareceu perder o rumbo. No transcurso do pleno monográfico, como era previsíbel, o alcalde eludiu asumir responsabilidades directas sobre as contratacións, culpando a unha Comisión constituída a tal efecto, conformada por dous membros da Xunta e outros dous do Concello, coa que él non tería «nada que ver», como tampouco cos criterios escollidos e mesmo chegando a simular a súa sorpresa por que desde a oposición se lle esixira celebrar este pleno. O portavoz municipal do BNG tomou a palabra para criticar que unha cuestión que subscitara tal po...

O BNG únese ás voces que claman xustiza na selección de persoal do Obradoiro de Emprego

Denuncia que “non se respectou a igualdade de oportunidades e meten a traballar a familiares e amigos do alcalde e concelleiros do PP” O BNG denunciou hoxe a selección de persoal e traballadores-alumnos do Obradoiro de Emprego de Carnota por “non respectar a igualdade de oportunidades nin a transparencia no proceso de selección. Tanto é que, familiares e amigos do alcalde e concelleiros do PP, son os beneficiarios desta contratación que chegan até veciños de Louro e pasan por San Mamede, onde algunha persoa indicaba a concelleiros do PP para poder entrar no Obradoiro de Emprego”. Os nacionalistas indican que “o proceso selectivo se revestiu de aparente legalidade para facer o paripé e contratar amigos e familiares do PP, ademais de negarlle ao BNG as bases de selección e os criterios de contratación. En calquera caso, a falta de criterios sociais e económicos, a situación de familias golpeadas pola crise, non se tiveron en conta; chegando a valorar máis unha entrevista persoal que ...

O BNG é expulsado de novo dun pleno, esta vez por criticar un préstamo

O BNG salienta que o motivo primeiro do mesmo é poder manter os estratosféricos salarios de políticos e familiares O alcalde de Carnota José Oreiro expulsou do pleno celebrado na mañá do venres ao portavoz municipal do BNG, Tomás Freire, durante o debate dunha dunha operación de tesourería pola que o Concello subscribirá un novo crédito. O secretario da corporación deu lectura ás propostas de dúas entidades bancarias para subscribir un préstamo. Entón, o portavoz do BNG, Tomás Freire, tomou a palabra: «Quero que todo o público presente na sala saiba que este préstamo é para facer fronte a gastos correntes, non para realizar obras, ou mellorar servizos. Entre o destino do crédito está o pagarlle seis mil euros ao alcalde e tamén o salario do concelleiro Manuel Brea». O rexedor pediu ao nacionalista que retirase as súas acusacións, «falsas e inxuriosas» segundo asegurou, ao que se negou o edil do BNG, tras reafirmarse no dato duns salarios desorbitados que son públicos e oficiais. ...