Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2024

O PP rexeita no Parlamento todas as propostas do BNG aos orzamentos, incluindo o saneamento de Lariño e a reforma do CEIP de Carnota

O BNG vén de denunciar o abandono da Costa da Morte por parte do PP logo de que os populares rexeitaran no Parlamento galego todas as emendas presentadas polos nacionalistas aos orzamentos da Xunta para 2025, e que teñen que ver con diversas actuacións e melloras para a comarca. Entre as propostas presentadas polo BNG destacan a do remate da autovía da Costa da Morte, con conexións ao polígono de Vimianzo e Cee, así como o enlace do peirao de Brens co parque empresarial ceense. Diversas melloras na sanidade pública e dotación de persoal para o hospital comarcal “Virxe da Xunqueira” centran outra das emendas, que iría acompañada dunha inversión de 2’5 millóns de euros. A formación nacionalista propuxo ademais a reparación e mantemento en profundidade dos portos de Camelle, Camariñas e Muxía, e actuacións para a mellora integral da área portuaria de Fisterra. Todo elo por unha contía de 2’3 millóns de euros. O saneamento integral da ría de Corcubión e a posta en funcionamento do centro d...

O BNG reclama melloras asistenciais e novo servizo de cardioloxía para o hospital público comarcal

O BNG reclamou á Xunta de Galiza melloras asistenciais no Hospital Público Comarcal Virxe da Xunqueira, en Cee, e a creación dun verdadeiro servizo de cardioloxía para a Costa da Morte. As iniciativas impulsadas polo deputado Oscar Insua solicitan melloras nas especialidades de psiquiatría, otorrinolaringoloxía e cardioloxía, así como recuperar a normalidade no servizo de hospitalización a domicilio e coidados paliativos. No caso de otorrinolaringoloxía, o BNG reclama cubrir as dúas prazas existentes no hospital, que estaban vacantes. En psiquiatría, pide crear unha praza máis para reducir as listas de agarda e mellorar a atención ás persoas usuarias. A creación dun servizo completo de cardioloxía permitiría evitar milleiros de desprazamentos á Coruña. Para a veciñanza de Carnota e da Costa da Morte, estes desprazamentos supoñen perda de tempo, custo económico e unha dificultade engadida para acceder á atención sanitaria. O BNG defende que a comarca precisa un hospital con máis se...