As iniciativas impulsadas polo deputado Oscar Insua solicitan melloras nas especialidades de psiquiatría, otorrinolaringoloxía e cardioloxía, así como recuperar a normalidade no servizo de hospitalización a domicilio e coidados paliativos.
No caso de otorrinolaringoloxía, o BNG reclama cubrir as dúas prazas existentes no hospital, que estaban vacantes. En psiquiatría, pide crear unha praza máis para reducir as listas de agarda e mellorar a atención ás persoas usuarias.
A creación dun servizo completo de cardioloxía permitiría evitar milleiros de desprazamentos á Coruña. Para a veciñanza de Carnota e da Costa da Morte, estes desprazamentos supoñen perda de tempo, custo económico e unha dificultade engadida para acceder á atención sanitaria.
O BNG defende que a comarca precisa un hospital con máis servizos e máis persoal especialista. A sanidade pública non pode depender de derivacións constantes á Coruña para prestacións que deberían estar dispoñíbeis no hospital comarcal.

Comentarios
Publicar un comentario