A Asemblea Local do BNG de Carnota ven de elixir novo candidato á alcaldía de Carnota por unanimidade: Primitivo Pedrosa. Primitivo (Primi) é un veciño de Vilar de Carnota, fillo de María Rosa de González e de Primitivo, casado e cun fillo e unha filla. De profesión mariñeiro, patronea a súa embarcación de pesca artesanal Maria Rosa II, con base no porto de Muros. Na actualidade tamén ostenta a representación dos armadores de pesca artesanal de baixura na Confraría de Pescadores de Muros, destacando pola súa labor incansábel, desde fai anos, a prol dos intereses dos traballadores e traballadoras do sector pesqueiro en distintas instancias, tanto a nivel autonómico, estatal e mesmo europeo, participando en distintos foros como experto no Parlamento Europeo e na Comisión Europea. A nivel organizativo, Primitivo é membro da Comisión de Pesca do BNG e formou parte nas distintas candidaturas do BNG as eleccións, ás municipais do 2023, ao Parlamento Europeo, ao...