Saltar ao contido principal

As Xornadas do Mar do BNG abordan os problemas da pesca e do marisqueo na Costa da Morte

O BNG da Costa da Morte amosou a súa satisfacción pola boa acollida das “Xornadas do Mar: Presente e futuro do mar na Costa da Morte”, celebradas no Salón do Bitácora, no Ézaro.

As xornadas reuniron patróns maiores de confrarías, traballadores e traballadoras da pesca e do marisqueo, persoas expertas e representantes do BNG para analizar os principais problemas do sector na comarca e avanzar propostas de futuro.

O encontro foi presentado por Bieito Lobeira, membro da Executiva Nacional do BNG; Rosana Pérez, deputada de Mar do BNG no Parlamento galego; e Xurxo Rodríguez, responsábel comarcal do BNG Costa da Morte. Segundo a organización, participaron máis de medio cento de persoas.

O BNG destacou a dinámica positiva da xornada e sinalou que as persoas participantes pediron continuidade a este tipo de foros para seguir analizando a situación do mundo do mar e dos seus profesionais. Entre as conclusións, salientouse a necesidade de que a pesca e o marisqueo gañen representación real nos organismos onde se toman decisións.

A organización nacionalista advertiu tamén de que as confrarías e as súas federacións, especialmente estas últimas, non están trasladando a información nin exercendo unha representación adecuada, polo que considera necesario buscar fórmulas para que a xente que traballa no mar se vexa representada de verdade.

Outro dos asuntos tratados foi a desconexión entre o sector científico e o pesqueiro. O BNG sinalou que esa relación está rota por decisións políticas equivocadas e defendeu a creación de entidades comúns que permitan unha colaboración directa.

Primitivo Pedrosa, mariñeiro, presidente de artes menores da Confraría de Muros e dirixente do BNG de Carnota, participou nas xornadas e advertiu de que o interese da clase política gobernante polo medio mariño non pasa polo sector pesqueiro e marisqueiro da nosa costa. Pedrosa sinalou problemas como a lentitude nos resultados das probas, a mala adaptación das vedas, a demora na resolución de propostas do sector, o desmantelamento de servizos como o ISM e a carga burocrática.

Pedrosa tamén puxo o foco no relevo xeracional e defendeu que debería existir unha figura de aprendiz para facilitar a entrada de novas persoas no sector. Ademais, criticou o sistema de cotas de capturas, pensado para a gran industria pesqueira mais aplicado tamén á pesca artesanal, o que supón unha carga moi pesada para as embarcacións tradicionais.

As xornadas organizáronse en tres mesas de traballo. A primeira, sobre a problemática da pesca na Costa da Morte, contou con Joaquín Fábregas, patrón maior da Confraría de Fisterra; Iago Saboril, patrón de embarcación do palangre de Fisterra; e José Manuel Caamaño, patrón de embarcación de artes menores de Lira.

A segunda mesa abordou os recursos específicos na Costa da Morte e contou coa participación de Xosé Xoán Bermúdez, patrón maior da Confraría de Camelle; Jacqueline Lista, mariscadora e presidenta da Agrupación de Mariscadoras de Camariñas; Santiago Pérez, percebeiro e presidente da Asociación de Profesionais Percebe da Barca de Muxía; e Jacobo Louzán, mergullador da navalla e recolector de ourizos de Fisterra.

A terceira mesa centrouse nas propostas e conclusións, coa participación de Francisco Javier Varela Castro, secretario da Confraría de Malpica; Pablo Pita, científico do CICA da Universidade da Coruña; Primitivo Pedrosa, presidente de artes menores da Confraría de Muros; e Javier García Galdo, biólogo mariño e director técnico nunha empresa do sector.

O BNG considera necesario dar continuidade a este traballo para que o mar da Costa da Morte teña políticas pensadas desde a realidade do sector e non desde despachos alleos á vida das confrarías, dos portos e da xente que vive do mar.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Toma a palabra!

Esta páxina está pechada por cuestións técnicas e alleas á vontade do BNG, e consérvase para a súa consulta. O BNG de Carnota habilita este espazo para que poidas expresarnos libremente as túas queixas, dúbidas, suxerencias... Para facilitar a resolución da cuestión que nos plantexes será de moita utilidade que a redacción sexa clara e concisa. Se a túa mensaxe se dirixe a algún membro do noso grupo municipal síntete libre de plantexalo dese xeito no teu texto e faráselle chegar coa maior brevidade posíbel. Tamén dispós da opción de escribirnos un correo electrónico a carnota(arroba)bng-galiza.org. Agradeceríamos o ton constructivo das mensaxes, e que os debates, de estabelecérense, se desenvolvan co debido respecto mutuo a todas as posicións. Por outra parte lembrar que, como vén sendo habitual no espazo para comentar os artigos desta páxina, eliminaremos os comentarios inxuriosos dedicados a atacar a vida personal das persoas que participan na vida política de Carnota. Desex...

Acordo da Asemblea local do BNG de Carnota de 28/05/11

Dando cumprimento ao acordado polo conxunto da Asemblea Local do BNG de Carnota o pasado sábado 28 de maio, difundimos para o coñecemento de toda a veciñanza o documento que recolle a postura do BNG de Carnota a respecto do actual panorama político post-electoral no noso concello, despois de telo posto en coñecemento dos responsábeis do PSOE no día de onte. ACORDO DA ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE CARNOTA Reunido o conxunto da militancia do BNG de Carnota en Asemblea Local, organismo convocado en tempo e forma e plenamente lexitimado para adoptar o seguinte acordo, pola unanimidade dos asistentes acordamos: Nas Eleccións Municipais do 22 de maio de 2011 o pobo de Carnota decantouse clara e maioritariamente por un cambio de goberno no Concello de Carnota. Os candidatos á alcaldía do BNG e do PSOE manifestaron en público e en privado o compromiso de, no caso de non se producir unha maioría absoluta, outorgar o seu voto na sesión de investidura aos candidatos da lista que, entre elas, obti...

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...