Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2012

Carnota móvese polo seu patrimonio: a Torre dos Mouros renacerá das ruinas coa axuda de todos

Detalle dun muro do sitio arqueolóxico. Imaxe: Anón Malde O recente descubrimento dos restos dunha fortificación de dúas hectáreas ata agora descoñecida no Monte dos Castros de Lira, que algúns xa identifican coa desaparecida Torre dos Mouros que citan certas fontes documentais do pasado século, levou ao Concello de Carnota a convocar a toda a veciñanza a unha xuntanza na Casa do Concello mañá venres 11 de maio desde as 20:30 horas , co gallo de explicar ao detalle un novidoso proxecto para recuperalo e investigalo. O proxecto prevé facer unha limpeza de superficie e mesmo unha pequena excavación co gallo de obter datos que permitan aclarar a súa procedencia e funcionalidade, perdidas desde a noite dos tempos debaixo dunha mesta mata de terra e toxos. E será necesaria a colaboración de todos, pois para determinadas fases dos traballos será precisa a participación de voluntariado. O BNG de Carnota aposta porque a crise e a falta de recursos do momento non supoñan un impedimento á...

Carnota celebra as Letras Galegas con dúas semanas de actividades arredor da figura de Valentín Paz Andrade

Paz Andrade visto por Castelao O Concello de Carnota fixo hoxe pública a programación cultural arredor do 17 de maio, Día das Letras Galegas, que este ano serán dedicadas a persoa de Valentín Paz Andrade , o polifacético intelectual galeguista de cuxa morte se cumpren 25 anos este mes. Luns 14 de maio Ás 11:40 h. no Colexio Público do Pindo, Contacontos: "A ratiña presumida e o ratiño presumido" . Compañía Trinka Trinka. Ás 11:00 h. na Axencia de Lectura Municipal , Palestra: "Valentín Paz Andrade, Galiza coma tarefa". Presentación sobre a súa traxectoria vital destinada ao alumnado do 3º ciclo do CEIP de Carnota Martes 15 de maio Ás 16:30 h. na Axencia de Lectura Municipal ,  Palestra: "Valentín Paz Andrade, Galiza coma tarefa".  Presentación sobre a súa traxectoria vital destinada aos usuarios e ás usuarias do Centro de Día de Pedramarrada. Mércores 16 de maio Ás 11:30 h. no Colexio Público de Carnota,  Cont...

A iniciativa veciñal recupera o protagonismo nun concello que precisa de todas e todos

Os difíciles tempos que vivimos e a consabida escasez de recursos obrigan a facer da imaxinación unha compañeira inseparábel de traballo. Isto entendeuno o BNG de Carnota desde o mesmo momento de tomar posesión, e sobre todo tras tomar coñecemento da inxente débeda que está a esganar o municipio e a limitar a capacidade do novo executivo. Aínda así, o BNG de Carnota fixo todo o posíbel por ir cumprindo aqueles obxectivos máis prioritarios que se tiña marcado, e que pasan por recuperar a iniciativa veciñal que levaba anos atenazada, e darlle un lugar prioritario na vida local con obxecto de dinamizar o noso concello e aproveitar o traballo e a experiencia de colectivos que levan décadas de traballo en beneficio de todos. Consello Local do Mar Membros do Consello Local do Mar Esta semana creouse un organismo destinado a aglutinar e coordinar as iniciativas e os esforzos dun sector socioeconómico fundamental no noso municipio, o da Pesca e o Marisqueo: o Consello Local do Mar . Es...