O BNG de Carnota puxo en reparto un novo número de A Moa , o boletín local da organización nacionalista. Nesta ocasión, o reparto comezou pola Montaña, achegando á veciñanza información, análise e contidos propios sobre a actualidade municipal e política de Carnota. A Moa é unha ferramenta de comunicación directa coa veciñanza, pensada para informar, render contas e trasladar propostas fóra da inmediatez das redes sociais. Nun tempo no que boa parte da comunicación política queda reducida a mensaxes rápidas, o boletín permite explicar con máis calma os asuntos municipais, as denuncias do BNG, as propostas e a posición da organización sobre os temas que afectan ao concello. Desde o BNG de Carnota convidamos a veciñanza a ler, comentar e compartir este novo número. A información municipal debe estar ao alcance de todas e todos, tamén en papel, lugar a lugar e casa a casa.