Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2024

O BNG leva ao parlamento galego os recortes de profesorado en Carnota e na Costa da Morte

O deputado do BNG da Costa da Morte, Oscar Insua, presentou diversas iniciativas no Parlamento galego nas que insta á Xunta de Galiza a reverter os recortes de profesorado en colexios da comarca, incorporando a mestres de pedagoxía terapéutica (PT) e audición e linguaxe (AL) onde os eliminaron totalmente e repoñendo e aumentando as horas dos mesmos especialistas naqueles onde os recortaron, así como habilitar profesores de apoio e persoal auxiliar coidador nos centros onde foron demandados pola dirección dos mesmos e polas ANPAS. Ademais, o representante nacionalista pide á Consellaría de Educación que realice nos centros de ensino da comarca un estudo completo das deficiencias estruturais dos edificios, e que habilite no orzamento de 2025 as partidas económicas pertinentes para executar as obras necesarias. Insua, que recolle na súa iniciativa os diferentes problemas que teñen os colexios, manifestou que “o PP non ten  vergoña, pois unha vez máis vende que o curso comeza con norma...

O BNG esixe restabelecer o servizo de pediatra no centro de saúde de Carnota

A falta de pediatra no centro de saúde de Carnota chegou ao Parlamento galego a través dunha iniciativa do BNG, que reclamou á Xunta de Galiza a través do deputado Óscar Insua a recuperación deste servizo esencial para as familias deste concello e doutros da bisbarra. O concello de Carnota presenta problemas no servizo pediátrico, pois desde maio deste ano unha das especialistas do centro de saúde de Muros deixou de desprazarse ao centro carnotán, ao que acudía os luns, mércores e venres de 8,30 a 12,00 horas. Desde dito mes, teñen que ser os pais e nais das crianzas as que vaian a Muros para acudir á consulta, o que obriga as familias con crianzas a desprazarse fóra de Carnota para recibir un servizo básico. Esta situación supón unha perda de dereitos, unha sobrecarga para as familias e un novo exemplo do deterioro da sanidade pública no rural. Desde o BNG defendemos que vivir en Carnota non pode significar ter menos acceso á atención sanitaria. A infancia ten dereito a unha atención...