Saltar ao contido principal

O BNG leva ao parlamento galego os recortes de profesorado en Carnota e na Costa da Morte

O deputado do BNG da Costa da Morte, Oscar Insua, presentou diversas iniciativas no Parlamento galego nas que insta á Xunta de Galiza a reverter os recortes de profesorado en colexios da comarca, incorporando a mestres de pedagoxía terapéutica (PT) e audición e linguaxe (AL) onde os eliminaron totalmente e repoñendo e aumentando as horas dos mesmos especialistas naqueles onde os recortaron, así como habilitar profesores de apoio e persoal auxiliar coidador nos centros onde foron demandados pola dirección dos mesmos e polas ANPAS. Ademais, o representante nacionalista pide á Consellaría de Educación que realice nos centros de ensino da comarca un estudo completo das deficiencias estruturais dos edificios, e que habilite no orzamento de 2025 as partidas económicas pertinentes para executar as obras necesarias.

Insua, que recolle na súa iniciativa os diferentes problemas que teñen os colexios, manifestou que “o PP non ten  vergoña, pois unha vez máis vende que o curso comeza con normalidade, e vemos que é mentira, porque eliminan ou recortan horas do profesorado de PT e AL nalgúns centros". O deputado nacionalista insistiu en que "o BNG seguirá defendendo a educación pública na Costa da Morte contra os recortes do PP, que só se dedica a deteriorar os servizos para que a xente marche á privada e así pechar definitivamente os centros, sobre todo no rural".

Tanto Oscar Insua como membros do BNG de distintas localidades reuníronse coas ANPAS dos CEIP O Pindo e Plurilingüe Carnota (na foto), Mar de Fóra (Fisterra), Areouta (Sardiñeiro), Praia de Quenxe (Corcubión), Santa Eulalia (Dumbría), Os Muíños, Virxe da Barca (Muxía) e Camelle. Neste último levan tres cursos sen docente de música e o deputado nacionalista instou á Xunta a corrixir esta situación.

O obxectivo das xuntanzas foi escoitar e recoller as queixas polas carencias que ten cada centro, co fin de reclamar que o alumnado da Costa da Morte poida ter unha educación que cumpra coa normativa galega, aprobada polo propio PP, que esixe que todos as escolas conten con profesionais para atender as necesidades educativas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón