No pleno municipal do día 2 de agosto de 2024, o BNG de Carnota volveu trasladar a súa preocupación polo servizo de socorrismo nas praias do concello. O BNG considera insuficientes as 3 prazas de socorristas convocadas polo Concello para atender as necesidades da tempada de verán. Segundo a información trasladada no pleno, presentáronse 10 solicitudes para esas 3 prazas , o que evidencia que había persoas interesadas e que o problema non era a falta de candidaturas. Ademais, este ano non se convocou a praza de auxiliar de socorrista , reducindo aínda máis a capacidade do servizo nun concello cun litoral extenso e cunha elevada afluencia de persoas durante os meses de verán. A esta situación súmase outro problema xa reiterado: un ano máis, a lancha está fóra de servizo . Para o BNG, isto resulta especialmente preocupante, pois os medios materiais son imprescindíbeis para garantir unha resposta axeitada ante calquera incidencia nas praias. Carnota conta cun dos litorais máis importa...