Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2005

Manolito de la Calzada

Que razón teñen os guionistas dos guiñois de Canal + ao caracterizar a Manuel Fraga de Chiquito de la Calzada, en alusión ás súas críticas burlescas ás imaxes de Touriño nun ximnasio. Recentemente usou dunha forma esperpéntica un argumento que incomprensíbelmente o PPdeG esgrime como punta de lanza eleitoral sen a máis mínima vergonza ou recato: que se o PSOE chega á Xunta converterá a Galiza nunha "sucursal" de Madrid.Sí, señores e señoras, o mesmo presidente "pecador de la pradera" para o que Galiza non necesitou nada durante 8 anos de "goberno Aznar", agora de repente esixe a "débeda histórica diodenal", e di que "no puedo, no puedo" soportar o abandono de Zapatero para con Galiza. Pero agora este chiste de mal gusto aínda foi máis alá: Disque só o voto ao PP é bó para o noso país, porque o "fistro vaginal" de Touriño depende de Madrid e ¡¡¡¡ao BNG non lle interesa Galiza!!!! (Jaaaar, no puedo, no puedo...). Desde o BNG de ...

Gran Cruzada Homófoba

Hai que andar espantados ante a terríbel cruzada homófoba que se está desatando no Estado español. Xa de sempre lembramos as declaracións de Fraga ao respeito, normais vindo dun ex-dirixente da ultra-dereita fascista pero lamentábeis vindo do actual presidente de Galiza e incluso dos galegos que son homosexuais (por moito que lle pese). Tamén son ben coñecidas as posturas oficiais da Igrexa católica, para os que os homosexuais son "indignos da salvación".Pero a histórica aprobación da maioría dos partidos do Congreso da Lei pola que se aproba o matrimonio homosexual desatou unha ira anti-homosexual sen precedentes en democracia. As faccións da dereita máis fanáticas e reaccionarias (e que por desgracia recuperaron o control absoluto do PP en poucos anos) chaman á desobedencia dos alcaldes e edís para que se neguen a casar gais e lesbianas. Inmediatamente altos cargos populares quítanse a carauta erixíndose en homófobos convencidos, a prensa afín ao PP maniféstase de forma ver...

Regulamento do Funcionamento do Voceiro Local A Moa

Xa está listo para descargar a Proposta de Regulamento do Funcionamento do Voceiro Local A Moa, un documento que pretende afianzar o noso voceiro local como unha edición democrática e participativa, áxil e de calidade, e mantendo en todo caso a maior representatividade posíbel dos pareceres da nosa Asemblea Local. O documento será apresentado na vindeira Asemblea Local e submetido a análise e aprobación da militancia, polo que quedades convidados mentres tanto a botarlle unha ollada e a mellorar os aspectos que consideredes oportuno. Podedes descargalo documento aquí ou ben na sección adicada ao Voceiro Local na columna da dereita. Comisión Elaboradora d'A Moa

MAREA-LA PERDIZ

As evidencias non se poden rebater por máis voltas que se lle queiran dar. O nacionalismo no estado español está directamente asociado ó desenvolvemento económico, social e cultural dos pobos que o compoñen. Hai alguén hoxe que cuestione que as sociedades máis avanzadas do estado español son a Catalana, a Vasca e a Madrileña. As dúas primeiras están directamente relacionadas cos denominados nacionalismos periféricos e a última está asociada ó nacionalismo centralista. Dito doutro xeito ¿podería desesnvolverse algúnha nación sen unha clara aposta por ela dos membros que a compoñen? Non deixemos escapar esta oportunidade. Somentes un goberno nacionalista forte é sinónimo de desenvolvemento económico, social e cultural. As propostas centralistas somentes se adican a marea-la perdiz para viver da esmola.

Non ao desfile militar na Coruña

Como producto dos esmerados esforzos do Ministro de Defensa José Bono para imitar ao seu antecesor no cargo, a cidade da Coruña vive sumida nunha pura euforia belixerante e armamentística (é un dicir). O certo é que hai de todo, opinións para tódolos gustos desde logo, algunhas ao menos curiosas como La Voz de Galicia, que está a cubrir o esperpéntico feito como quen promociona un ameno parque de atraccións nos que disfrutar dos artiluxios máis divertidos; unha alternativa de lecer sana, para o tempo libre de toda a familia... En fin, como non podería ser doutro xeito, recomendamos aos responsábeis deste teatro dantesco a supresión inmediata do acto, que xa está a causar mobilizacións de protesta por Galiza adiante. Nota: Vede esta imaxe tomada por "La Voz de Galicia", na que se permite aos cativos brincar cos artiluxios de asasinar que utilizan os exércitos. O pé de foto de "La Voz" reza que: "El ejército ha desplegado todas sus armas e instrumentos para acerc...

Fraga perderá a maioría absoluta

A última enquisa realizada por Sondaxe sobre a intención de voto nas vindeiras Eleicións Galegas non deixan lugar a dúbida: O PP xa non revalidará a maioría absoluta, ao perder nada menos que 5 deputados e un 7% dos votos, co que se quedaría dous escanos por debaixo da maioría. Á vista destes resultados, só debemos reafirmarnos co noso compromiso firme de conseguir que sexa un presidente nacionalista o artífice do cambio tan desexado por miles de galegos. Porque só Anxo Quintana cumplirá con esa esperanza; polo contrario, dar o noso apoio indiferentemente a PP ou PSOE só significará hipotecar á nosa Terra catro anos máis baixo uns intereses alleos, ou o que é peor, permitir que siga sendo a moeda de cambio útil somentes para o "tira e afrouxa" que ZP e Rajoy manteñen en Madrid. En Carnota estamos convencidos que os galegos seremos quen para, dunha vez por todas, rachar cos tópicos e coa tendenza actual, para erixirnos en lexítimos defensores donoso país e do noso futuro. Porq...

A Convención Nacional pulveriza as espectativas

A Convención Nacional Eleitoral celebrada hoxe ás 6 da tarde no Hotel Porta do Camiño de Compostela e durante a que o BNG presentou aos seus candidatos e as ideas forza do seu programa pulverizou todas as espectativas de asistencia. Xente a ateigar o recinto. Xente a ateigar os corredores. Xente a ateigar unha sala anexa ao salón principal, na que se findou por instalar unha pantalla de vídeo xigante. Deste xeito ficaron apresentadas en sociedade, nun acto aberto á participación cidadá, as candidaturas e o programa de Goberno do BNG. “Se despois do 19 de Xuño Fraga seguise a ser presidente, o cal é altamente improbábel, o que sucedería é que Galiza deixaría de ser Galiza”, replicou Quintana ás recentes declaracións do presidente do PP segundo as cais de gobernar o BNG España deixaría de ser España. Amplia a nova na páxina web do BNG

1ª reunión da Asociación de Amigos dos Hórreos

Infórmase e convócase a tódolos viciños de Carnota a xuntanza para o nomeamento da Comisión Xestora para a constitución da Asociación de Amigos dos Hórreos (nome provisional). A xuntanza terá lugar o día 17 de maio no Salón de Plenos do Concello de Carnota, ás 12:30 horas do mediodía, e á que foron convocados os partidos políticos con representación municipal, asociacións culturais e veciñais. En vindeiras datas daremos boa conta nestas páxinas do resultado de dita xuntanza, e do desenvolvemento do proceso constituinte desta iniciativa que desde o BNG de Carnota consideramos trascenental para o futuro do noso Concello, así como para o recoñecemento do patrimonio tradicional de toda Galiza.

O 10 MA+S DAMENTOS DO PP

No último cónclave celebrado no mosteiro de San Estevo deron froito á publicación das Sagradas Escrituras dos PPs, e que vós, galegos, tendes o deber de aprender: 1. Ma+s Paro 2. Ma+s Emigración 3. Ma+s Caciquismo 4. Ma+s Enchufismo e amiguismo 5. Ma+s Prevaricacións 6. Ma+s Peaxes 7. Ma+s Restriccións lácteas 8. Ma+s Peche de caladoiros 9. Ma+s Control dos medios de comunicación 10. Ma+s Neglixencia na xestión dos problemas Amén

OS CONTOS DE DON MANUEL E VILLAR MIR

A amizade entre Fraga e Villar Mir ven xa dende moi atrás e que algunhas fontes sitúan no xurásico. É o de menos. Cada vez que o empresario ven a Galiza – en época electoral -, non dubida en darlle unha visita ó seu maior benefactor Fraga (a el débelle un incontable número de concesións hidroeléctricas, curiosamente algunhas delas son da última lexislatura), e froito desas xuntanzas xurden as máis insólitas propostas: Hai dúas lexislaturas anunciou a bombo e platillo a construcción dun novo forno para Ferroatlántica no concello de Dumbría coa creación de máis de 50 postos de traballo. Hai unha legxislatura volveu a reiterar o do forno e xa deixou vislumbrar a mellora do porto. E agora nesta legislatura xa abandonou o do forno e ven coa creación dun macroporto en Brens que lle vai solucionar os problemas a toda a comarca. Utilicemos a lóxica para analiza-la nova proposta : 1º A maior industria da Comarca (Ferroatlántica) está nun claro proceso de desfacerse da súa parte industrial e que...

Ferrol enteiro vive no loito

Ferrol está de loito de novo polas desgraciada morte de catro traballadores de Navantia Ferrol, dos cais tres tiñan menos de 30 anos, que deixaron a súa vida prematuramente por intentar axudar a unha compañeira, que cometera o único "erro" de entrar antes de tempo a traballar na fragata F-311 Roald Amundsen, que se está a construír en Bazán. Fálase de descoido, de accidente, de neglixencia e fálla de control, ou de fuga de gases. A realidade é que a súa tarefa matutina consistía en limpar un minúsculo cubículo pechado, no que a concentración de osíxeno era dun 11%, e que en todo caso as mortes eran totalmente evitábeis. Unha vez máis, a precariedade laboral e a carencia dun emprego digno e galego desgrazadamente obriga a arriscar as vidas dos mozos galegos polo pan de cada día. Unha vez máis, a pregunta do millón: Ata cando? Mañán, ás doce da mañá, terá lugar na Praza de Armas de Ferrol unha concentración para manifestar a solidariedade cos traballadores falecidos e protesta...

O gran fraude económico de Galicia

Os datos son os que son, e cando ademáis quen os da é un organismo externo e interesado en que figure o máximo posible, e son aceptados tanto polo goberno da Comunidade Autónoma como polo Goberno do Estado, deben asumirse como certos: seguimos estando por debaixo do 75% do PIB medio comunitario por habitante, incluso incluindo as novas incorporacións do leste europeo. Dito doutro xeito, seguimos no vagón de cola da economía europea, e o que é peor, as perspectivas son as mismas de non hai un cambio.. Se facemos unha comparativa coas Comunidades de características similares á nosa como son o caso de Asturias, Cantabria e o País Vasco é obvio o superior desenvolvemento que teñen ditas Comunidades, pero se nos fixamos no resto das Comunidades do noso entorno como pode ser Castilla –León, curiosamente ten un desenvolvemento económico tamén moito mayor ó noso. Algo debe haber fallado nos últimos anos para que a famosa converxencia co noso entorno non se produza. Se analizamos polo miudo os ...

Descarga o fondo de pantalla electoral do BNG de Carnota

Xa está dispoñíbel un orixinal fondo de pantalla do BNG de Carnota, para saudar desde o teu ordenador a carreira do candidato do BNG Anxo Quintana á presidir a Xunta de Galiza. Galiza, ano 2005: Adiante Quin!

Os ecoloxistas solicitan a apertura da fervenza do Ézaro

O pasado día 16 de abril membros da Iniciativa Lexislativa Popular para a protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos achegaronse ao encoro do río Xallas en Carnota para manifestar o seu rexeitamento "á burla que supón que o único río de Europa que desemboca en fervenza no mar, o faga na actualidade por unhas tubarías", como declarou Xan Carlos Fernández, de ADEGA. Como parte do acto, tivo lugar a apertura simbólica das comportas do encoro. Ademais, os membros da promotora da iniciativa sacaron pancartas e esixiron o derrubamento do encoro, pois "é máis rendíbel cultural, social e turísticamente que a cantidade de watios que poida producirlle a unha empresa privada". Tamén aproveitaron para denunciar o cinismo das autoridades competentes, citando o feito de que a Xunta inaugurou a bombo e platillo a apertura da fervenza, pero que realmente acabou funcionando tan só unha hora diaria dos domingos do mes de agosto, ou o que é o mesmo, catro horas ao ano. Pe...