Saltar ao contido principal

O gran fraude económico de Galicia

Os datos son os que son, e cando ademáis quen os da é un organismo externo e interesado en que figure o máximo posible, e son aceptados tanto polo goberno da Comunidade Autónoma como polo Goberno do Estado, deben asumirse como certos: seguimos estando por debaixo do 75% do PIB medio comunitario por habitante, incluso incluindo as novas incorporacións do leste europeo. Dito doutro xeito, seguimos no vagón de cola da economía europea, e o que é peor, as perspectivas son as mismas de non hai un cambio..
Se facemos unha comparativa coas Comunidades de características similares á nosa como son o caso de Asturias, Cantabria e o País Vasco é obvio o superior desenvolvemento que teñen ditas Comunidades, pero se nos fixamos no resto das Comunidades do noso entorno como pode ser Castilla –León, curiosamente ten un desenvolvemento económico tamén moito mayor ó noso. Algo debe haber fallado nos últimos anos para que a famosa converxencia co noso entorno non se produza. Se analizamos polo miudo os principias motores da nosa economía, podemos constatar que seguimos sendo a primeira forza pesqueira do Estado e de Europa, pero menos; seguimos sendo unha potencia a nivel agrícola, pero menos; seguimos tendo grandes industrias, pero cada vez menos; seguimos sendo unha potencia a nivel enerxético, pero os cartos e a riqueza xenerada non quedan aquí; eso sí, estamos mellorando a nivel do turismo un pouquiño, pero evidentemente nunca poderemos ser unha potencia turística polas nosas propias limitacións climáticas, e en ningún caso poderá compensar as perdas dos outros sectores. O mundo das novas tecnologías da información pasou pola nosa porta e non parou; no investimento en I+D+I (Investigación, desarrollo e innovación) ocupamos o último vagón… Dito doutro xeito, non será que a actual política económica seguida tanto polo Goberno Autonómico como polo Goberno Central non favorecen para nada os intereses de Galicia? Vese que vaian aportar novas solucións? Evidentemente máis do mismo.
Todo leva á única alternativa de cambiar o noso benestar: un goberno nacionalista forte que potencie os verdadeiros recursos que ten Galicia cara a promover un desenvolvemento económico sostido e que fixe a población. O demáis é estar sempre ó rabo dos intereses económicos dun goberno do Estado que vai utilizar como moeda de cambio de intereses doutras Comunidades como xa se ten demostrado. Ise é o gran fraude ó que nos teñen sometido os dous grandes partidos centralistas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Toma a palabra!

Esta páxina está pechada por cuestións técnicas e alleas á vontade do BNG, e consérvase para a súa consulta. O BNG de Carnota habilita este espazo para que poidas expresarnos libremente as túas queixas, dúbidas, suxerencias... Para facilitar a resolución da cuestión que nos plantexes será de moita utilidade que a redacción sexa clara e concisa. Se a túa mensaxe se dirixe a algún membro do noso grupo municipal síntete libre de plantexalo dese xeito no teu texto e faráselle chegar coa maior brevidade posíbel. Tamén dispós da opción de escribirnos un correo electrónico a carnota(arroba)bng-galiza.org. Agradeceríamos o ton constructivo das mensaxes, e que os debates, de estabelecérense, se desenvolvan co debido respecto mutuo a todas as posicións. Por outra parte lembrar que, como vén sendo habitual no espazo para comentar os artigos desta páxina, eliminaremos os comentarios inxuriosos dedicados a atacar a vida personal das persoas que participan na vida política de Carnota. Desex...

Acordo da Asemblea local do BNG de Carnota de 28/05/11

Dando cumprimento ao acordado polo conxunto da Asemblea Local do BNG de Carnota o pasado sábado 28 de maio, difundimos para o coñecemento de toda a veciñanza o documento que recolle a postura do BNG de Carnota a respecto do actual panorama político post-electoral no noso concello, despois de telo posto en coñecemento dos responsábeis do PSOE no día de onte. ACORDO DA ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE CARNOTA Reunido o conxunto da militancia do BNG de Carnota en Asemblea Local, organismo convocado en tempo e forma e plenamente lexitimado para adoptar o seguinte acordo, pola unanimidade dos asistentes acordamos: Nas Eleccións Municipais do 22 de maio de 2011 o pobo de Carnota decantouse clara e maioritariamente por un cambio de goberno no Concello de Carnota. Os candidatos á alcaldía do BNG e do PSOE manifestaron en público e en privado o compromiso de, no caso de non se producir unha maioría absoluta, outorgar o seu voto na sesión de investidura aos candidatos da lista que, entre elas, obti...

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...