Saltar ao contido principal

OS CONTOS DE DON MANUEL E VILLAR MIR

A amizade entre Fraga e Villar Mir ven xa dende moi atrás e que algunhas fontes sitúan no xurásico. É o de menos. Cada vez que o empresario ven a Galiza – en época electoral -, non dubida en darlle unha visita ó seu maior benefactor Fraga (a el débelle un incontable número de concesións hidroeléctricas, curiosamente algunhas delas son da última lexislatura), e froito desas xuntanzas xurden as máis insólitas propostas: Hai dúas lexislaturas anunciou a bombo e platillo a construcción dun novo forno para Ferroatlántica no concello de Dumbría coa creación de máis de 50 postos de traballo. Hai unha legxislatura volveu a reiterar o do forno e xa deixou vislumbrar a mellora do porto. E agora nesta legislatura xa abandonou o do forno e ven coa creación dun macroporto en Brens que lle vai solucionar os problemas a toda a comarca.
Utilicemos a lóxica para analiza-la nova proposta :
1º A maior industria da Comarca (Ferroatlántica) está nun claro proceso de desfacerse da súa parte industrial e quedarse somentes coa eléctrica (na última década baixou dos 500 empregados a menos de 250) co cal o porto non lle vai ter moita razón de ser.
2º Non hai perspectivas da creación de novas industrias que cando menos manteñan o volúme actual de tráfico portuario.
3º Se se vai facer un porto desa envergadura (previsto para buques de ata 25.000 toneladas), o normal é facer unhas vias que dean desaloxo a ese gran tráfico de mercancías. Que se saiba, ata o momento non se oiu falar de melloras nos accesos ó novo porto, co cal a población de Cee quedaría bloqueada polo tráfico.
4º Xa é, cando menos, a terceira vez que estes dous parrulos nos veñen con gaiteiradas ás vísperas dunhas eleccións.

Estamos pois diante doutro dos contos de D. Manuel e o Sr. Villar Mir

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón