Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2018

O BNG traslada ao Parlamento o retraso nas obras de saneamento en Carnota

Luís Bará: “Leva dez anos de demora e estamos ante un problema de saúde, de contaminación e de imaxe nunha zona de gran afluencia turística” O BNG trasladou ao Parlamento o longo retraso acumulado nas obras de saneamento na localidade do Pindo no Concello de Carnota, o que deriva nun problema de saúde pública, ambiental e mesmo de imaxe nun municipio que ten unha gran actividade turística pois conta con dous dos reclamos do patrimonio natural máis importantes e valiosos de Galiza como é a fervenza do Ézaro e o Monte Pindo. “Parécenos bochornoso, escandaloso, vergonzoso, que a obra estea aínda sen rematar, entendo as dificultades, pero tras o tempo transcorrido é incomprensible que estean sen finalizar, e de aí a mobilización veciñal ante unhas verteduras que son moi preocupantes”, salientou o deputado Luís Bará, portavoz do BNG na Comisión de Política Territorial, mentres mostraba imaxes deses vertidos ao director de Augas de Galiza, Roberto Martínez a quen pediu explicacións polas o...

A Moa, o voceiro local do BNG de Carnota, a piques de cumprir 35 edicións e 22 anos de historia

O BNG de Carnota logrou reunir e publicar, grazas á colaboración veciñal, todos os exemplares antigos Portada do nº 8 , lanzado en 1997 Se hai algo tradicional na política local de Carnota son os tránsfugas, e a revista A Moa , voceiro local do BNG e Galiza Nova de Carnota. Non casualmente chámase coma a atalaia do Olimpo Celta, desde a que se vixían desde millóns de anos os devires das terras bañadas pola fouce de Carnota, e desde a que levamos case un cuarto de século informando a toda a veciñanza de Carnota diseminada polo mundo adiante da actualidade do seu Concello desde a óptica do nacionalismo local, e tamén denunciando, sempre cun punto de vista retranqueiro e incisivo, as numerosas trapalladas que por desgraza se teñen cometido nestes confíns. Os cadriños da Moa, sempre cheos de humor e reivindicación A piques de cumprir os seus 22 anos e 35 edicións, A Moa fixo sitio nos nosos fogares para todo tipo de contidos: novas de actualidade, resultados electorais, sisudas aná...