Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2010

O BNG propón que a corporación carnotá se una para pedir a retirada do abusivo «canon da auga»

O BNG vai presentar ao Pleno municipal unha moción contra o «canon da auga» que o goberno de Feijóo pretende impoñer co Proxecto de Lei de Augas de Galiza. Esta norma vai supoñer aínda máis cargas impositivas sobre quen peor o está pasando nestes tempos, as familias e particulares, ao encarecer as taxas e suprimir exencións que xa existían. O claro obxectivo desta medida do PP é duplicar a recadación a conta do consumo de auga das galegas e dos galegos. Asi, unha persoa que viva soa e que consuma uns 3 m 3 de auga ao mes, verá como a carga tributaria do seu recibo da auga se incrementa en máis dun 363% ; con ese mesmo consumo unha familia de tres membros soportará un incremento do 171%. O proxecto tamén suprimirá as exencións tributarias existentes na actualidade para os núcleos de menos de 2.000 habitantes (todos os do noso concello), prexudicando especialmente aos veciños e veciñas do rural, que a partir de agora terán que pagar impostos incluso por usar a auga dos seus propios po...

O BNG celebrou onte en Carnota o seu 7º acto informativo sobre o POL

Onte domingo 20 de xuño o BNG de Carnota reuniuse con veciños de Carnota para explicarlles as consecuencias do POL sobre a localidade na que xa é a séptima reunión desta campaña informativa do BNG sobre o Plan de Ordenación do Litoral, que ten o obxectivo de superar o total obscurantismo das diferentes institucións de goberno sobre este paquete de medidas. Nesta ocasión tivo a xentileza de acompañarnos o concelleiro de urbanismo de Pontevedra e gran coñecedor do POL, César Mosquera, que xa estivera con nós na primeira charla sobre a cuestión. Axenda de actos CARNOTA Día: Domingo 20 de xuño Hora: 20:00 h. Lugar: Colexio Público de Carnota >Descargar cartel do acto Novas relacionadas Carnota é o concello de Galiza máis gravemente afectado polo Plan de Ordenación do Litoral

Grupo en Facebook anima a apadriñar unha "fochanca" da estrada C-550 en San Mamede

As posibilidades que nos proporcionan as novas tecnoloxías non paran de sorprendernos. A coñecida rede social Facebook , na que xa contan con perfil centos de millóns de persoas en todo o mundo (e como non, tamén centos de veciñas e veciños do noso concello), ve nacer agora unha iniciativa para denunciar dunha forma moi divertida a desfeita da estrada comarcal C-550 ao seu paso pola parroquia de San Mamede de Carnota. E é que a páxina titúlase " Apadriña unha fochanca da C-550 ao seu paso por San Mamede de Carnota " , pola cal " á espera de que as autoridades competentes se decidan a arranxar esta estrada con aspecto de corredoira, bota a andar esta iniciativa solidaria de apadriñamento de fochancas ", segundo proclaman os autores da denuncia anónima. A orixinal iniciativa, que xa conta con máis de 250 padriños , conta cunha ilustrativa galería de imaxes onde se pode observar o aspecto lamentábel da estrada, que non só da unha imaxe terceiromundista do noso concell...

O BNG continúa coa axenda de actos informativos sobre o POL en Caldebarcos, Lira e O Pindo

Logo do éxito dos actos que o BNG desenvolveu a pasada fin de semana en Quilmas, Lariño e Mallou sobre o Plan de Ordenación do Litoral (POL), o BNG continúa explicando as súas consecuencias aos veciños de Lira, Caldebarcos e O Pindo* en cadansúa reunión aberta. A continuación podedes ver a axenda para esta fin de semana. *Nota: O acto do Pindo será ás 20:00 h. (estaba convocado para as 18:00 h.) Axenda de actos CALDEBARCOS Día: Venres 11 de xuño Hora: 20:00 h. Lugar: Albergue Municipal de Caldebarcos (antiga esco la) >Descargar cartel do acto O PINDO Día: Sábado 12 de xuño Hora: 20:00 h. Lugar: Colexio público do Pindo >Descargar cartel do acto LIRA Día: Domingo 13 de xuño Hora: 17:00 h. Lugar: Casa do Mar de Lira >Descargar cartel do acto Novas relacionadas Carnota é o concello de Galiza máis gravemente afectado polo Plan de Ordenación do Litoral

O incumprimento de 3 leis leva ao BNG a solicitar a nulidade dos novos Orzamentos Municipais

Logo de analisar polo miúdo os novos Orzamentos Municipais presentados polo executivo municipal de Oreiro, o BNG de Carnota decidiu presentar alegacións aos graves incumprimentos da lexislación vixente que detectou na súa redacción. Esta reclamación fundaméntase en tres bloques que pasamos a explicar. 1. O PP desafía o clima xeral de contención dos salarios políticos, que en Carnota aínda medran A crise económica e social está forzando a numerosas administracións públicas a aplicar unha política -e mesmo a deseñar leis- de recurtes e contención salariais, nomeadamente para os máis gañan, neste caso a clase política. Sen embargo en Carnota o goberno fai oídos xordos a este xeito de moderar o gasto público, e non só: os gastos por este concepto aínda volven medrar. A reclamación do BNG pretende que alcalde, tenente de alcalde e persoal de confianza do PP de Carnota apliquen unha redución dos seus salarios como medida de solidariedade co colectivos de funcionarios e pensionistas ...

O BNG de Carnota vai explicar o POL por todas as parroquias

Ante a total desinformación veciñal sobre as consecuencias do Plan de Ordenación do Litoral (POL) no noso municipio , o BNG de Carnota vai iniciar esta fin de semana unha serie de actos para explicarllo a todos os veciños e recoller as súas inquedanzas. Axenda de actos (Iremos actualizando a axenda segundo vaiamos confirmando os actos) A CURRA, QUILMAS E PANCHÉS Día: Xoves 3 de xuño Hora: 21:00 h. Lugar: Local veciñal de Quilmas > Descargar cartel do acto MALLOU E MACEIRAS Día: Venres 4 de xuño Hora: 20:00 h. Lugar: Local veciñal de Mallou > Descargar cartel do acto LARIÑO Día: Domingo 6 de xuño Hora: 11:00 h. Lugar: Local veciñal de Lariño > Descargar cartel do acto Novas relacionadas Carnota é o concello de Galiza máis gravemente afectado polo Plan de Ordenación do Litoral