O Concello de Carnota leva días recibindo continuas mostras de solidariedade de xente de dentro e de fóra indignada coa inusitada virulencia desta nova lacra incendiaria. Ante o apoio popular a Concellaría de Medio Ambiente vai constituír gardas de vixiancia dos nosos montes. As autoridades non permiten que xente sen capacitación técnica nin seguro participen na extinción directa dos lumes, polo que o Concello desexa aproveitar as mostras de apoio recibidas mediante a creación de turnos constituídos por veciños e voluntarios e cordenados pola dita concellaría. A súa laboura consistiría en turnos sucesivos de gardas, de xeito que sempre houbese ao menos un grupo vixiando calquera incidencia anómala que se puidera producir nos montes de Carnota, xa non só posíbeis conatos de incendio senón o acceso de vehículos ou persoas ás pistas forestais. Nestes momentos xa non existe ningún lume activo no Concello de Carnota, polo que é o momento idóneo para centrar todos os esforzos en efectuar unh...