Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2007

Aquí está o BNG!

Crónica dun acto redondo

A presentación da candidatura do BNG de Carnota que tivo lugar o pasado xoves saldouse cunha impresionante asistencia por parte dos veciños dificil de lembrar en convocatorias anteriores. Un dato moi salientábel foi a presencia de xente chegada de practicamente todos os puntos do municipio, con representación da inmensa maioría de asociacións con actividade no noso concello, pero sobre todo o ambiente cálido e próximo á xente que reinou no acto en todo momento. O acto foi presentado por Manolo García , que durante unha breve intervención fixo referencia á súa retirada logo de oito anos de alcalde e de doce como candidato do BNG, pero tamén á total confianza e apoio que deposita novo candidato Tomé Freire como herdeiro da súa eficaz xestión e xerador de novas ideas para mellorar o noso municipio. O aínda alcalde rematou a intervención moi emocionado tras recibir un fervoroso aplauso de toda a asistencia en agradecemento á súa próspera etapa como alcalde de Carnota. Logo Merche Díaz , a...

Presentamos a candidatura do BNG de Carnota

Este xoves día 12 de abril, terá lugar no Salón de Actos da Casa do Concello de Carnota a presentación oficial da candidatura do BNG de Carnota. Será durante un acto no que intervirán a n.º 2 da candidatura Merche Díaz, o portavoz nacional do BNG Anxo Quintana e por suposto o noso novo candidato á alcaldía de Carnota, Tomé Freire. Desde este foro convidamos a toda a veciñanza a asistir libremente ao acto e a coñecer as propostas do noso veciño e compañeiro Tomé, que estará arroupado polos outros membros súa lista e polo Vicepresidente da Xunta nun acto que esperamos será o primeiro paso dunha próxima reválida eleitoral do BNG en Carnota.