Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2011

O BNG de Carnota estrea a versión móbil da súa páxina

O BNG de Carnota renova a súa aposta polas novas tecnoloxías e anuncia a presentación dunha versión da súa páxina web m.bng-carnota.org especialmente adaptada para os dispositivos móbiles. Nos máis de 6 anos de esforzo por achegar as posturas do BNG de Carnota á sociedade pola rede, viñemos constatando un exponencial incremento dos accesos desde móbiles Symbian (277), iPhone (137), Android (58),  BlackBerry (6) ou mesmo iPod , que nin sequera é un móbil propiamente dito. Co gallo de facilitar o acceso desde dispositivos que en moitos casos non consiguen reproducir axeitadamente algúns os contidos, xa sexa polas súas limitacións técnicas ou pola escasa velocidade de acceso a Internet dispoñíbel en Carnota, desenvolvemos esta nova versión móbil que alixeira e simplifica extremadamente a carga e a visualización de todos os contidos, e por suposto sen cercenar as opcións máis aprezadas polos nosos usuarios, como poden ser as imaxes ou a posibilidade de comentar libremente o...

O BNG traslada ao Parlamento a preocupación de veciños e sectores polo futuro da Reserva Mariña de Lira

Os deputados nacionalistas Bieito Lobeira e Carlos Aymerich rexistraron esta semana no Parlamento Galego un documento en defensa da Reserva Mariña dos Miñarzos (Lira), que xa puxemos en coñecemento da Confraría de Pescadores, no cal se pregunta polos recentes acontecementos que fan sospeitar que o futuro da Reserva non está entre as preocupacións dos gobernos da Xunta de Galicia nin tampouco do concello de Carnota, ambos en mans do PP a día de hoxe. Despois de que durante semanas vivísemos unha grave ameaza á viabilidade da Reserva de Lira por mor da supresión da súa vixilancia, grazas á presión veciñal e política conseguiuse que ese servizo siga de momento, aínda que moi mermado con respecto á súa situación anterior pola importante redución do investimento. O BNG pregunta se isto ten que ver cunha eventual retirada do apoio á Reserva por parte da Consellería do Mar, e se iso á súa vez tería algo que ver coa suposta pretensión do alcalde de Carnota de importar ás nosas augas as in...

O BNG transformará Carnota desde a sociedade e para a sociedade

Máis dun cento de veciños arrouparon en Caldebarcos o equipo que vai transformar Carnota Desbordáronse todas as previsións de asistencia á cea-presentación da candidatura do BNG de Carnota : máis dun cento de veciños achegáronse a Caldebarcos para arroupar masivamente a posta de longo de Moncho Noceda e do equipo do BNG de Carnota. Foi durante un acto que culminou en festa rachada e que foi presentado pola responsábel local, Belén Campos , no que tamén estiveron acompañados polo deputado Bieito Lobeira . Nun ambiente cordial, alegre e sobre todo fraternal, os veciños e as veciñas coñeceron a candidatura do BNG e tamén a idea estrela: transformar Carnota desde a sociedade e para a sociedade . Como explicou Ramón Noceda, lonxe de propostas irrealizábeis, o BNG é consciente da absoluta ruina económica e social do executivo municipal en mans do PP, e sinalou que só co apoio da sociedade e para a sociedade Carnota pode aspirar a ter un futuro digno, e onde os seus fillos e fillas no...

Hoxe remata a vixilancia na Reserva de Lira... asina para que non morra!

Hoxe remata o contrato da vixilancia ao coidado da Reserva Mariña dos Miñarzos en Lira, e tal como vimos denunciando desde varias entidades non hai visos de que a Xunta estude sequera a posibilidade de manter a vixilancia. Máis ao contrario, a Xunta pronunciouse hoxe para dicir que o control sobre a reserva está garantido co servizo de gardacostas, afirmación que só fixo alporizar máis aos afectados, por resultar claramente insuficiente. Hoxe mesmo, Xosé Antonio Insua, patrón maior da Confraría de Lira, pronunciouse nos medios de comunicación para lamentar esta decisión e para advertir que de non manterse o servizo tal e como está plantexado ás portas dunha das mellores mareas do ano (a coca de maio ), a inxente produción marisqueira será completamente arrasada polo furtivismo. O BNG de Carnota segue a apoiar a reclamación das confrarías diante da Xunta de Galiza e da conselleira do mar Rosa Quintana para que non se liquiden as reservas mariñas. Anunciamos ademais que nos uniremos ...

Quen é quen no conflito das xaulas de salmón?

Moito deu que falar a última bombeirada do alcalde de Carnota , tras postular as augas do noso municipio como posíbel destino das xaulas de cría en cautividade de salmón que foron rexeitando concello tras concello no noso entorno. Mais poucos se pararon a explicar que son estas xaulas, por que son nocivas e, sobre todo, quen son os (i)responsábeis que tentan crear estas instalacións que cada día teñen máis inimigos. O BNG de Carnota segue adiante co seu compromiso informativo coa veciñanza con este humilde pero esperamos clarificador artigo. Quen creou este conflicto? Carmen Gallego, ex-conselleira de Pesca O conflito das xaulas xurde nos últimos compases do anterior goberno da Xunta, despois de que a daquela conselleira de Pesca Carmen Gallego autorizara a instalación de xaulas no polígono Ribeira C da Ría de Arousa. Xa daquela o proxecto merecera severas críticas tanto polo BNG como polo PP. A estas críticas axiña se sumaron as de confrarías, armadores, mariñeiros, mariscad...

O BNG esíxelle ao alcalde de Carnota que aclare se estuda instalar xaulas de salmón nas nosas costas

Cartel do BNG en defensa da Reserva Poucos días despois de sabermos que a Reserva Mariña de Lira estaba a piques de desaparecer debido á falta de interese das institucións implicadas por conservar o servizo de vixilancia, agora o alcalde de Carnota acaba de abrir unha enorme polémica ao asegurar nun acto partidario da Xunta que estaría disposto a que Carnota acollera nas súas augas as famosas xaulas de cultivo de salmón que ningunha outra localidade aceptou nas súas, mesmo algunhas gobernadas por alcaldes do seu mesmo partido. Segundo se explica nos medios de comunicación, diversos portavoces populares entrevistáronse recentemente coa actual conselleira do Mar , Rosa Quintana, para trasladarlle a súa preocupación polas posíbeis consecuencias nocivas deste tipo de instalacións nos seus concellos e sobre todo o sentir absolutamente contrario entre as veciñanzas e confrarías. Foi durante esta xuntanza cando, nunha aparente arroutada mediática, o alcalde de Carnota José Oreiro levan...

A Reserva é Vida! Non deixemos que morra!

Ven á presentación da nosa candidatura!

O BNG de Carnota convídate a participar na Cea-presentación da nosa candidatura, que terá lugar o sábado 19 de marzo en Caldebarcos. Lobeira é deputado desde 1995 No acto, onde nos acompañará o deputado Bieito Lobeira , presentaremos as mulleres e homes que van formar parte da lista do BNG nas vindeiras eleccións municipais de Carnota, asi como das liñas xerais do noso programa, para o que contamos cunha importantísima participación veciñal, o que nos da plena confianza en que as nosas ideas van respostar ás necesidades reais de cada lugar e parroquia. Con este acto tamén queremos agradecer a enorme colaboración e entusiasmo amosado polos veciños e as veciñas do noso concello con este proxecto para que o 22 de maio poidamos, despois de catro anos, devolver a ilusión e a esperanza a toda a cidadanía. Vinde e participade con nós! Sábado 19 de marzo a partir das 20:00 horas Lugar: Restaurante O Feitizo (Caldebarcos) Prezo da cea: 20 € por asistente Podes confirmar a túa asi...

O PP ameaza agora a Reserva Mariña de Lira, un exemplo para o mundo

O BNG de Carnota súmase á preocupación amosada pola Confraría de Pescadores de Lira tras a supresión da vixiancia na Reserva Mariña dos Miñarzos , o que na práctica pode supoñer a súa sentenza de morte por deixar completamente desamparado un proxecto que foi noticia en todo o mundo e mesmo se está a exportar a outras latitudes. Algunhas voces xa califican a idea de reservas sen vixiancia como reservas de papel , posto que ao carecer de efectivos para facer respectar as limitacións nestes espazos protexidos estas pasan a ser pouco menos que un brindis ao sol desde o 16 de marzo, cando finaliza o contrato que mantén o servizo de vixilancia ata agora financiado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Pesca. A Xunta segue sen dar sinais de vida. O BNG de Carnota denuncia que unha iniciativa pioneira que partiu de Lira, Carnota e Galiza para o mundo non mereza o máis mínimo interese por parte dos gobernos "populares" de Carnota e de Galiza, que cada vez están máis a...

Mulleres: o motor deste País! Sábado 12 en Lira, acto público polo Día Internacional da Muller Traballadora!

Esta semana celebramos o Día Internacional das Mulleres, que ten lugar no medio dunha importante ofensiva regresiva en canto ás políticas de igualdade imprescindíbeis para avanzar cara a unha sociedade máis democrática, que artelle medidas que atendan ás demandas das mulleres e loiten contra a discriminación de xénero. Un bo exemplo desta política regresiva de recortes é a eliminación das axudas ás mariscadoras e tamén das axudas para as mulleres que sofren violencia de xénero. Unhas decisións que, baixo a excusa dos axustes debidos á crise, agravan a situación das mulleres galegas e sobre todo no rural. Tampouco en Carnota somos alleos ás consecuencias dunhas políticas equivocadas para afrontar os problemas das mulleres. Todo o paquete de medidas sociais postas en marcha polo anterior goberno municipal, impulsadas pola concelleira do BNG Merche Díaz, foron suprimidas en canto o PP accedeu ao goberno: Asistencia a domicilio, cursos de alfabetización, idiomas ou informática, asi com...

Un experto do BNG explica en video a Lei de Augas

Gonzalo Castro, asesor xurídico do BNG, explica o contido da Lei de Augas de Galiza, unha norma aprobada en solitario polo PP no Parlamento Galego que mesmo triplicará o que a xente ten que pagar pola auga. A lei é especialmente inxusta para a xente do rural galego, pero para que resulte máis "dixeríbel" o PP prevé aplicala en toda a súa dimensión só unha vez pasadas as eleccións municipais, para intentar minimizar o previsibel desgaste para os seus candidatos en vilas e cidades. Convidámosvos a velo, nomeadamente a aquelas e aqueles que non tivérades a oportunidade de asistir ás charlas informativas que desenvolviu nas últimas semanas o BNG de Carnota no Pindo , Carnota , Lariño , San Mamede , Caldebarcos ou Mallou ., durante os que explicamos a Lei polo miúdo, respostamos todas as vosas dúbidas e distribuimos copias da nova normativa aprobada polo PP entre as comunicades de augas e tamén quen no-la solicitara. Novas relacionadas Sábado 12, charla sobre a Lei de Auga...