Saltar ao contido principal

O BNG esíxelle ao alcalde de Carnota que aclare se estuda instalar xaulas de salmón nas nosas costas

Cartel do BNG en defensa da Reserva
Poucos días despois de sabermos que a Reserva Mariña de Lira estaba a piques de desaparecer debido á falta de interese das institucións implicadas por conservar o servizo de vixilancia, agora o alcalde de Carnota acaba de abrir unha enorme polémica ao asegurar nun acto partidario da Xunta que estaría disposto a que Carnota acollera nas súas augas as famosas xaulas de cultivo de salmón que ningunha outra localidade aceptou nas súas, mesmo algunhas gobernadas por alcaldes do seu mesmo partido.

Segundo se explica nos medios de comunicación, diversos portavoces populares entrevistáronse recentemente coa actual conselleira do Mar, Rosa Quintana, para trasladarlle a súa preocupación polas posíbeis consecuencias nocivas deste tipo de instalacións nos seus concellos e sobre todo o sentir absolutamente contrario entre as veciñanzas e confrarías.

Foi durante esta xuntanza cando, nunha aparente arroutada mediática, o alcalde de Carnota José Oreiro levantou a voz para facer xusto o contrario aos seus homónimos, postulando Carnota para acoller nas súas augas estas instalacións que non quere máis ninguén

Trátese dunha intención real ou un simple afán de notoriedade mediática do alcalde, o BNG adianta a súa oposición frontal a este tipo de instalacións, completamente incompatíbeis e contrarias co espírito das reservas mariñas que, ademais, están xa en perigo pola propia desidia da Xunta.

Ademais o BNG de Carnota anuncia que vai esixir por escrito a convocatoria urxente dun Pleno da corporación municipal, para que o alcalde explique estas desafortunadas declaracións, pois no caso de pretender sementar as nosas costas destas instalacións consideradas altamente contaminantes, pode irse preparando para recibir unha forte e multitudinaria resposta da veciñanza e de todos os sectores implicados.

O PP négase a apoiar o Parque Natural, e ás poucas semanas da luz verde a tres parques eólicos na zona; o PP deixa morrer a Reserva Mariña de Lira, e aos poucos días ofrece as augas de Carnota para a piscicultura altamente contaminante. Casualidade?

Comentarios

  1. Ata aqui chegamos! Non teñen nin vergonza estes traidores!
    PP fóra do concello! Non sodes dignos de gobernar este pobo!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón