Polo dereito das mulleres a decidir Desde esta semana, igual que noutros concellos de Galiza gobernados polo BNG, nas inmediacións da Casa do Concello de Carnota pendura unha faixa en defensa do dereito das mulleres a decidir e por un aborto libre e gratuito, contra o criterio que tratan de impoñer determinados sectores ultradereitistas co apoio do actual partido no goberno da Xunta e do estado, o Partido Popular. O BNG de Carnota denuncia asi a reforma involucionista da lei do aborto do PP impulsada por Gallardón, e reitera a convicción inquebrantábel dos nacionalistas carnotáns de que son as mulleres e só as mulleres quen poden e teñen que decidir sobre a súa maternidade, e a exercitar ou non a opción do aborto libre, gratuíto e en condicións de seguridade sanitaria; xusto o contrario do que promulga a filosofía que representa esta reforma do PP que lexisla contra as mulleres e nos coloca, en termos de seguridade sanitaria, peor mesmo que fai trinta anos e adoptando o camiño con...